Skip to Content

NOVAS DE ÚLTIMA HORA SOBRE O TRANSPORTE ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021/2022

Segundo a INSTRUCIÓN CONXUNTA 1/2021, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE E DA DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E  MOBILIDADE, DO 25 DE XUÑO, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE DE ESCOLARES NO CURSO ESCOLAR 2021-2022 :

 

- O alumnado de ESO e FP Básica cuxo domicilio estea situado a unha distancia do centro escolar inferior a 2 Km e superior a 1 Km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada, poderá facer uso do transporte. No caso dos servizos integrados (no IES Terra de Xallas as liñas de transporte 2, 3, 5, 6, 8, 9 e 10), para que o acceso ao servizo non teña custo económico, deberán facer uso da tarxeta de transporte Xente Nova (toda a información en www.bus.gal ).

 

- O alumnado de Bacharelato, Formación Profesional de Ciclos Medios e Superiores poderá facer uso do transporte. Para que o acceso ao servizo non teña custo económico, deberán facer uso da tarxeta de transporte Xente Nova.

  

Un saúdo

A Dirección

AdxuntoTamaño
Instrución conxunta 1_2021.pdf371.3 KB


page | by Dr. Radut