Skip to Content

INFORMACIÓN INICIAL DO CURSO 2021/2022

Mañá 15 de setembro arranca o novo curso escolar na educación secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos. Para informar sobre este inicio do curso preséntanse:

- Instrucións de acceso ao centro o primeiro día lectivo do curso 2021/2022 (ver arquivo adxunto).
- Instrucións sobre a recollida dos vales de libros e material (ver arquivo adxunto).
- Anúnciase que hoxe se publicou no tablón de anuncios do instituto a relación dos libros que corresponden a cada alumno segundo o fondo de libros. Xa se pode pasar polo instituto a consultar esta información. Todo o alumnado excluído por falta de matrícula, validación ou curso incorrecto debe pasar por Secretaría.

Así mesmo é importante recordar que seguimos un ano máis en pandemia, polo que é obrigatorio seguir as normas do Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, as máis salientables son que o alumnado debe:

  • Traer unha máscara que sirva para toda a xornada ou dúas máscaras (as desbotables hai que mudalas cada 4 horas) para o o seu uso.
  • Traer unha máscara de reposto.
  • Traer un sobre, bolsa de papel ou bolsa de tea para gardar as máscaras non usadas e outra para gardar a máscara usada si a ten que retirar nalgún momento (lembrar que as máscaras hixiénicas deben estar homologadas, segundo normas UNE 0064 ou 0065).
  • Manter unha distancia interpersoal de 1,5 metros.
  • Seguir todas as instrucións que se indican dende o centro sobre: lavado de máns, sentidos de circulación dentro do recinto escolar, normas COVID de aula, ...

 

Un saúdo.

A Dirección.

 

AdxuntoTamaño
INSTRUCIÓNS DE ACCESO O PRIMEIRO DÍA LECTIVO_21_22.pdf635.87 KB
INSTRUCIÓNS SOBRE A RECOLLIDA DOS VALES.pdf513.5 KB


page | by Dr. Radut