Publicada, no DOG do día 18 de maio de 2022, a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).
Prazo da presentación: 19/05/2021 - 17/06/2021
Na convocatoria actual pódese realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros ou recollendo os impresos na conserxería do instituto, e posteriormente poderase optar polas seguintes formas de presentación:
- Presentación no centro: neste caso a solicitude e o anexo II serán presentarados no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación requerida.
- Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento ED330B). https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
Para presentar as solicitudes no centro é necesario pedir cita previa no teléfono 881867080. Os anexos deberán estar cumprimentados debidamente e haberá que presentar copia da documentación complementaria.
Achégase como documentación adxunta un resumo das instrucións do procedemento (feitas polo instituto), os ANEXOS I e II e as instrucións enviadas pola Consellería.
Un saúdo