Skip to Content

NOVIDADES SOBRE O TRANSPORTE ESCOLAR PARA PRÓXIMO CURSO 2022/2023

 

Segundo a CIRCULAR DE PLANIFICACIÓN PARA O CURSO 2022/2023 SOBRE A XESTIÓN DO TRANSPORTE ESCOLAR, COMPLEMENTARIA DA INSTRUCCIÓN ANUAL DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.



ALUMNADO DE ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO (ESO E FPBÁSICA)

- Serán persoas usuarias lexítimas do transporte escolar gratuíto as persoas alumnas escolarizadas en niveis de ensinanza obrigatoria cuxos domicilios se encontren fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 quilómetros, calculada utilizando o itinerario máis directo á pé.

- As novas paradas solicitaranse polas persoas interesadas para persoas usuarias lexítimas nos centros escolares. O prazo remata o venres 8 de xullo.

- Con carácter xeral, non se autorizarán desviacións de itinerarios de transporte escolar nos que existan menos de 2 quilómetros de distancia da parada solicitada ao domicilio familiar.


ALUMNADO DE FP OU BACHARELATO

- As persoas alumnas que non teñan dereito ao uso do transporte escolar (persoas alumnas cursen FP ou Bacharelato, aquelas que viven a menos de 2 quilómetros do centro, escolarizados fora da zona de influencia que non teñen ditame de escolarización forzosa, uso de transporte escolar doutro centro entre outros poderán solicitalo con carácter excepcional (FP: preguntar na secretaría do centro, Bacharelato: no impreso da matrícula).
As persoas usuarias excepcionais non poden solicitar o establecemento de novas paradas.

- Aquelas persoas usuarias excepcionais que soliciten facer uso dunha praza de transporte escolar poderán ser autorizadas para facer un uso excepcional se cumpren todos os seguintes requisitos:
    –Que existan prazas dispoñibles no vehículo.
    –A persoa alumna utilice algunha das paradas existentes, sen modificación das rutas nin creación de novas paradas.
    –Non teña necesidade de incorporación de acompañante.

Esta autorización é provisional e revogable en calquera momento.

 

AdxuntoTamaño
Circular Transporte 2022-2023_sign.pdf336.81 KB


page | by Dr. Radut