O pasado mes de xuño, dúas alumnas do IES Terra de Xallas recolleron cadanseu premio no XX Certame Literario do Concello de Ames ao acadar un 2º e un 3º posto nas modalidades nas que participaron, poesía e narrativa, respectivamente. O acto celebrouse na Casa de Cultura do Milladoiro. As premiadas son Amalia Blanco, de 1º de bacharelato, que conseguiu un segundo posto co seu poema titulado Po, vidro, cal, sol e area; e Soraya Paredes, de 4º da ESO, que recibiu o terceiro premio polo seu relato titulado A arma máis poderosa. O xurado estivo conformado por personalidades do mundo da literatura gañadores doutras edicións do concurso, que tiveronque escoller entre un total de 167 obras.