O pasado martes 27 de febreiro celebrouseen Noia a proba deportiva intercomarcal de cros organizada polo programa Xogade. Na actividade participou o alumnado de 2º da ESO xunto con outros 65 centros educativos con un total de 700 participantes. Fermosa xornada de convivencia, deporte, disciplina, esforzo e superación coa que pretendemos dende o departamento de educación física inculcar estos valores e hábitos de vida activa e saudable. Parabéns as/os nosos atletas!!!