Skip to Content

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR, CURSO 2024/2025

Publicada, no DOG do día 20 de maio de 2024 a  ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H): ligazón

Prazo da presentación de solicitudes: Dende o 21/05/2024 ata o 21/06/2024.

Manual de usuario para solicitantes: Acceso

O arquivo adxunto contén resumo da presentación de solicitudes 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: LUISA VILLALTA

O xoves 16 de maio festexamos, no IES Terra de Xallas, o Día das Letras Galegas. A Biblioteca organizou un acto homenaxe a Luisa Villalta onde participaron alumnado e profesorado recordando as súas grandes paixóns: poesía e música. Se queres coñecer algo máis sobre a celebración, prema aquí.

VIAXE A BÉLXICA

O martes 14 de maio as alumnas de 4ºde ESO e 1º de Bacharelato de Francés e Literatura Universal, realizaron unha viaxe de catro días a Bélxica. Coñeceron Bruxas, realizaron un paseo en barco polos seus canais, Gante, Waterloo e Bruselas onde visitaron o Parlamento Europeo e o Atomium. Se queres saber algo máis sobre a viaxe, prema aquí.

SAÍDA EN BICICLETA AO POLÍGONO EMPRESARIAL DE SANTA COMBA

O luns 13 de maio o departamento de Tecnoloxía en colaboración co departamento Educación Física, realizou co alumnado de 2º da ESO unha saída en bicicleta para coñecer un poco máis o tecido empresarial da nosa contorna. Visitamos os Talleres Facal, a Subestación transformadora, a empresa Novo Campo Plantenes e a Ecoplanta de Resíduos Sólidos Urbanos. 

 

CHARLAS DA SEMANA DA CIENCIA

CHARLA SOBRE VARAMENTO DE VERTEBRADOS MARIÑOS NAS COSTAS GALEGAS:

A charla foi impartida pola CEMMA (Coordinadora de estudo dos mamíferos mariños) o 30 de abril do 2024 no IES Terra do Xallas coa colaboración do Departamento de Orientación e o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Se queres saber algo máis sobre as actuacións que podes realizar, prema aquí.

 CHARLA SOBRE O LOBO IBÉRICO

A charla foi impartida polo proxecto lobo, o seu obxectivo é promover un mellor coñecemento sobre o cánido tanto da súa xestión como da súa conservación. Se queres saber algo máis sobre o lobo ibérico: prema aquí

 

VIAXE A ROMA

O alumnado de 3º da ESO xa está en Roma disfrutando dunha viaxe organizada polo departamento de relixión. Que o disfruten!!

Galería de fotos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut