Skip to Content

VISITA A SOGAMA

O luns 28 de outubro, o alumnado de 1º da ESO xunto co alumnado dos Ciclos Básicos, realizaron unha visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda, SOGAMAA visita consistiu nunha charla formativa sobre as instalacións e unha viaxe virtual polo complexo. A saída foi organizada polos Departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais.

TALLER MICOLÓXICO PARA ALUMNADO DE 1º ESO

O alumnado de 1º de ESO asistiu a un estupendo taller micolóxico no que tomou conciencia da importancia do descoñecido reino dos fungos para os ecosistemas. Ademais pasárono xenial xogando ao  Trivial fungo!

UN ANO MÁIS NO RECUNCHO DA TINTA VIOLETA

O 14 de outubro ás 15:40h reuníronse con Sabela as alumnas de 3º e 4º da ESO pertencentes ao club de lectura "O Recuncho da tinta violeta". O libro que lerán este mes será Enid de Malika Ferdicukh. O primeiro luns de cada mes quedarán na Biblioteca para conversar sobre o libro lido e decidir cal será o próximo en ler. A gozar da lectura!

  

NOVAS!!

MATRÍCULA: CURSO 2024/25

Información sobre o proceso de matriculación para ESO e Bacharelato.

  • Calendario de matriculación.
    • Martes 2 de xullo: 1º de ESO
    • Mércores 3 de xullo: 2º de ESO e 3º de ESO/PDC
    • Xoves 4 de xullo: 4º de ESO/PDC
    • Venres 5 de xullo: 1º e 2º de Bacharelato
  • Instrucións a seguir para matricularse (ver arquivos adxuntos)

ACTO DE GRADUACIÓN: 4º ESO

O sábado 29 de xuño, o alumnado de 4º de ESO celebrou o seu acto de graduación en compañía das súas familias e profesorado. Parabéns e moita sorte!!

Distribuir contido


by Dr. Radut