Skip to Content

PROCESO DE RESERVA E ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25

Prazo ordinario de presentación de solicitudes (reserva e admisión): 

a) Solicitude de reserva: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024.

b) Solicitude ordinaria de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2024. 

Non teño que presentar as solicitudes se ...

- Estou estudando no curso 2023/24 no IES Terra de Xallas (pois teño o dereito de permanencia).

- Estou cursando 6º de Educación Primaria nun centro adscrito ao IES Terra de Xallas (CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña, CPR Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada), e manifestei a miña intención de continuar estudos no IES Terra de Xallas. Este trámite xa se fai a través do centro adscrito.

Si teño que presentar as solicitudes de se ...

- Non cumpro ningunha das condicións anteriores.

- Procedo doutro centro e quero continuar os meus estudos no IES Terra de Xallas. Neste caso podo solicitar a admisión por dúas vías:

          - No IES Terra de Xallas

          ou

          - A través da páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado 

A Dirección

 

PROGRAMA PIALE

No primeiro trimestre do ano lectivo 2023-2024 corrente, o profesor do Departamento de Artes Plásticas (Debuxo) do noso centro Suso Samartinho, xunto cunha vintena de colegas doutros centros educativos da Galiza, tivo a oportunidade de realizar en Portugal a “Fase A” da “Modalidade 1” (“Integración. Itinerario formativo en dúas fases”) do programa PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Línguas Estranxeiras). Para ler máis, preme aquí

 Galería de imaxes

VISITA Á X FEIRA DE MINERAIS

O venres 1 de marzo, o alumnado de 1º da ESO e de 2º de Bacharelato que cursa Xeoloxía visitou a X Feira de Minerais celebrada en Area Central (Santiago de Compostela). O alumnado acudiu a Charla sobre "Cobalto, la fiebre del oro azul" impartida polo xornalista da Vanguardia, Xavier Aldekoa, e participou nos obradoiros de Mineraloxía, Fósiles, Identificación de minerais e Bateo de Ouro. A saída foi organizada polo Departamento de Ciencias Naturais. Se queres coñecer algo máis sobre a visita, Preme aquí.

XUNTANZA DE ORIENTACIÓN CON EX-ALUMNOS/AS

O pasado 29 de febreiro o Departamento de Orientación organizou unha Xuntanza de Orientación onde participaron nove exalumnos/as do Centro. O alumnado de restauración preparou para todos eles un apertitivo de benvida e a continuación desplazáronse o Salón de Actos onde contaron as súas experiencias, motivacións e deron consellos moi valiosos ao alumnado de 4º de ESO, 2º de Bacharelato e Ciclos Básicos de Restauración e Mantemento de Vehículos. Moitas grazas aos nosos exalumnos/as que por un día deixaron os seus traballos e participaron desta nova iniciativa!!! Se queres saber máis sobre a Xuntanza de Orientación, preme aquí.

PRIMEIRO POSTO NO CERTAME DE DEBATE 2024

O pasado martes 27 de febreiro celebrouse en Santa Comba o Certeme de Debate 2024. O noso alumnado que cursa Oratoria en 4º de ESO acadou o Primeiro Posto. O alumnado participante demostrou un gran dominio da lingua e moita calidade nas súas intervencións, Parabéns!!! Se queres saber algo máis sobre o Certame de Debate 2024, preme aquí

 

VISITA A SOGAMA

O martes 27 de febreiro, o alumnado de 1º da ESO xunto co alumnado dos Ciclos Básicos de Restauracion e Mantemento de Vehículos realizaron unha visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda, SOGAMAA visita consistiu nunha charla formativa sobre as instalacións e a súa funcionalidade, unha visita polas instalacións empregando as lentes de realidade virtual e obradoiros de reciclaxe. A saída foi organizada polos Departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais, se queres coñecer algo máis sobre a visita, preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut