En cumprimento do protocolo aprobado na Orde do 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos, a partir do 8 de xaneiro de 2023, queda prohibido no centro educativo, o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos durante toda a xornada escolar (períodos lectivos, entradas e saídas, tempo de recreo, de comedor escolar e períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares).
Exceptuarase desta restrición o emprego dos dispositivos indicados como ferramenta pedagóxica supervisada polo profesorado ou por cuestións de oportunidade ou necesidades, médicas ou de outra índole, sempre e cando o motivo estea xustificado e sexa autorizado pola dirección do centro, ou, de non ser isto posible, polo profesorado. Consultar a Orde do uso dos móbiles