O alumnado da materia Debuxo Artístico de 1º e 2º de Bacharelato, dirixidos polo gran artista Kukas, está realizando un obradoiro de deseño e construción dun cabezudo seguindo a técnica tradicional de cartón pedra.
Este obradoiro forma parte do proxecto da Asociación Ateneo Xalleiro para rescatar a tradición dos cabezudos nas festas e desenvólvese grazas á colaboración e apoio da Vicedirección, a Biblioteca e o Departamento de Artes Plásticas do IES Terra de Xallas.
Galería 1, 2, 3, 4, 5, 6