Skip to Content

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DOS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2022/2023

Achégase como documento adxunto a listaxe dos libros de texto para o curso 2022-2023.

 

A ter en conta ...

 

- Debido ao cambio normativo deste ano, hai editoriais que aínda non facilitaron os datos e/ou exemplares dalgúns libros de texto. Esta é a razón pola cal aparece "Comunicarase en Setembro" na listaxe.

 

- "Non comprar" : No caso dos libros onde conste este texto hai que esperar a falar co profesorado antes de mercalos.

 

PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS DURANTE O CURSO 2022/2023 EN CENTROS PÚBLICOS GALEGOS

A continuación móstranse os puntos máis salientables da RESOLUCIÓN DO 10 DE XUÑO DE 2022, DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE REGULA A XESTIÓN DE PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS DURANTE O CURSO 2022/2023 EN CENTROS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.


Obxectivo

INSTRUCIÓNS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-2023

Achégase a seguinte información sobre o proceso de matriculación:

NOVIDADES SOBRE O TRANSPORTE ESCOLAR PARA PRÓXIMO CURSO 2022/2023

 

Segundo a CIRCULAR DE PLANIFICACIÓN PARA O CURSO 2022/2023 SOBRE A XESTIÓN DO TRANSPORTE ESCOLAR, COMPLEMENTARIA DA INSTRUCCIÓN ANUAL DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE BACHARELATO CURSO 2021/22

Os días 20, 21 e 22 de xuño terán lugar as probas extraordinarias do Bacharelato correspondentes ao curso 2021/2022, seguindo a distribución que se recolle no arquivo adxunto.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR (2022/23)

Publicada, no DOG do día 18 de maio de 2022, a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).

 

Prazo da presentación: 19/05/2021 - 17/06/2021

 

Na convocatoria actual pódese realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros ou recollendo os impresos na conserxería do instituto, e posteriormente poderase optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación no centro: neste caso a solicitude e o anexo II serán presentarados no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación requerida.
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento ED330B). https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

Para presentar as solicitudes no centro é necesario pedir cita previa no teléfono 881867080. Os anexos deberán estar cumprimentados debidamente e haberá que presentar copia da documentación complementaria.

Achégase como documentación adxunta un resumo das instrucións do procedemento (feitas polo instituto), os ANEXOS I e II e as instrucións enviadas pola Consellería.

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut