Skip to Content

INICIO DE CURSO 2020-2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar hoxe, venres 11 de setembro, as datas do comezo de curso:

  • Mércores 23 de setembro: 1º e 2º da ESO, 1º de Bacharelato e 1º de FP Medio e Superior.
  • Xoves 24 de setembro: 3º da ESO, 2º de Bacharelato e 2º de FP Medio e Superior.
  • Venres 25 de setembro: 4º da ESO e FP Básica.

Entre o mécores 16 e o venres 18 de setembro publicaremos na nosa páxina web instrucións precisas acerca do comezo de curso, así como os protocolos de acceso ao centro e as novas normas de organización e funcionamento.

Un saúdo

 

HORARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2020

Achégase como documentación adxunta os horarios dos exames de setembro 2020.

Para resolver calquera dúbida ou aclaración deberán poñerse en contacto coa dirección do centro mediante correo electrónico: ies.terra.xallas@edu.xunta.gal

Na última semana de agosto publicaremos instrucións precisas acerca do comezo de curso 2020-2021.

Un saúdo.

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Recordamos que a publicación das listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de Texto será o venres 10 de xullo. Segundo dita a lei de protección de datos, as listaxes deberán publicarse no centro, non se poden publicar na web. Non é necesario solicitar cita previa para a consulta.

É obrigatorio o uso de máscara e manter unha distancia interpersoal de 1,5 metros.

Horario para a consulta das listaxes: 10:30 - 14:00 h.

INFORMACIÓN ACERCA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN, AVALIACIÓN DE PENDENTES, AVALIACIÓN DO 3º TRIMESTRE E TITORÍAS

Achégase a seguinte documentacións adxunta:

  • Restablecemento do procedemento de admisión.
  • Avaliación das materias pendentes.
  • Avaliación do 3º trimestre
  • Solicitude de titorías.

Recordar ao alumnado con materias pendentes que ten que estar atento ás actividades ou probas que se programen na páxina web e na Aula virtua. Na páxina web, informaremos das actividades ou probas das materias pendentes no contido NOVAS ACTIVIDADES. Este contido renóvase cada semana. Estade atentos/as.

Por acordo do CECOP do 5 de maio (D.O.G do 6 de maio de 2020) establecéronse  instrucións  sobre  presenza  nos  centros  do equipo directivo e persoal administrativo e de limpeza. Polo tanto, a partir do 11 de maio asnais e pais que precisen información presencial ou teñan que efectuar trámites precisos no centro deberán solicitar cita previa chamando ao seguinte número de telefono: 881867080

A dirección

INFORMACIÓN ACERCA DA TITORIZACIÓN E ATENCIÓN DO ALUMNADO

Boas,

A partír do luns 16 de marzo o profesorado do IES Terra do Xallas titorizará e atenderá ao alumnado polos seguintes medios telemáticos:

  • Páxina Web: na barra lateral esquerda da páxina, concretamente onde se pode ler DEPARTAMENTOS, aloxaránse actividades e instruccións para o alumnado xunto aos correos electrónicos do profesorado. A páxina web será o medio principal de comunicación coas familias. O primeiro que hai que facer é consultar en DEPARTAMENTOS as instruccións que alí sexan aloxadas.
  • Aula Virtual: na páxina web informarase acerca do profesorado que utilizará a Aula Virtual como medio para titorizar e atender ao alumnado. Recórdase que é necesario ter usuario e contrasinal para facer uso da Aula Virtual. Se hai alumnado que non recorda o seu usuario ou contrasinal deberá poñerse en contacto co centro na seguinte dirección de correo electrónico: ies.terra.xallas@edu.xunta.es

As familias que non teñan acceso a internet deben comunicalo telefónicamente ao centro para enviar as actividades e instruccións por correo ordinario.

Rogamos paciencia e comprensión, xa que tanto as páxinas web como a Aula Virtual non están deseñadas para ter tanto volume de visitas. Están dando problemas de carga. Probablemente o luns pola mañá haberá problemas para cargar a información.

Canles de comuncación co centro:

  • Abalar Móbil: en canto o centro publique novas na páxina web informará ás familias por esta canle.
  • Teléfono do centro: 881867080
  • Correo electrónico: ies.terra.xallas@edu.xunta.es

Un saúdo.

A dirección

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS ACERCA DO ALUMNADO QUE VIAXOU A ITALIA E MADRID

Hoxe, luns 9 de marzo de 2020, houbo unha charla no IES Terra do Xallas impartida pola técnica epidiemóloga da Dirección Xeral de Saúde Pública, Ánxela Pousa Ortega, en relación ao alumnado do noso centro que estivo de viaxe en Italia (Roma e Florencia) e Madrid.

Na charla informativa, aparte da técnica epidiemóloga, estaban presentes o Xefe de Servizo de alertas epidemiolóxicas da Xefatura Territorial de Sanidade da Coruña e o inspector do centro.

A continuación resumimos os asuntos máis destacados que se trataron na charla:

- Tal e como se lle comunicou ás familias por parte do centro, as actividades complementarias que se realizan nos centros educativos son voluntarias.

- As viaxes programadas non tiñan como destino áreas de risco (as rexións de risco son as seguites: Piamonte, Lombardía, Veneto e Emilia-Romagna)

- Seguir as recomendacións do Servicio Galego de Saúde:

    · Se ten un bo estado de saúde pode realizar a súa vida habitual (familiar, laboral, lecer e/ou escolar)

      · Se presenta os síntomas máis comúns da enfermidade (febre, tose, difultade respiratoria ou dispnea) non acudir directamente ao centro de saúde ou hospital e contactar telefónicamente co 061.

      · Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, ou utilizar unha solución hidroalcóholica.

      · Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.

      · Practicar unha boa hixiene respiratoria.

 

Dende a dirección do centro queremos destacar o seguinte: quen informa e e toma as decisións acerca dos riscos na saúde pública son as AUTORIDADES SANITARIAS. As direccións dos centros educativos temos que seguir escrupolosamente as recomendacións das autoridades sanitarias. En ningún caso podemos suspender clases nin prohibir a entrada ao centro a membros da comunidade educativa se non hai unha orde expresa das autoridadedes sanitarias ou da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Para maior información consultar o seguinte enlace do Servizo Galego de Saúde: https://www.sergas.gal/Saude-publica/Novo-coronavirus-informacion-poboacion-

Un saúdo.

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut