Recordamos que a publicación das listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de Texto será o venres 10 de xullo. Segundo dita a lei de protección de datos, as listaxes deberán publicarse no centro, non se poden publicar na web. Non é necesario solicitar cita previa para a consulta.
É obrigatorio o uso de máscara e manter unha distancia interpersoal de 1,5 metros.
Horario para a consulta das listaxes: 10:30 - 14:00 h.
Lugar de publicación das listaxes: porta de entrada do Edificio Principal
Achégase como documento adxunto a listaxe dos libros de texto para o curso 2020-2021.
Un saúdo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Libros de texto 2020-21.pdf | 572.65 KB |