Skip to Content

CARTA DE PRESENTACIÓN ÁS FAMILIAS

Achegamos como ducumentación adxunta a carta de presentación do curso 2020-21 para as familias do alumnado matriculado no IES Terra do Xallas e que contén a seguinte información:

- Carta presentación curso 2020-21
- Calendario escolar
- Horarios de atención ás familias
- Horario de cada grupo

 

Un saúdo

A Dirección

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: LISTAXE PROVISONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS E LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-20

Achégase como documentación adxunta a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no Fondo Solidario de Libros de Texto (2019-20). Nesta listaxe so aparecen o número de libros asignados a cada alumno/a, sen especificar de que materia son. Os libros asignados serán publicados na listaxe definitiva de setembro.

Período de reclamación ou comprobación:12 e 13 de xullo.

O alumnado que teña que realizar probas extraordinarias en setembro devolverá os libros entre os días 4 e 6 de setembro.

A listaxe definitiva de admitidos/as cos libros asignados e, de ser o caso, o número de libros complementarios que lle correspondan no Fondo Solidario de Libros de Texto, será publicada o 13 de setembro.

A entrega de libros farase a partir do 17 de setembro.

Achégase tamén a listaxe de libros de texto paro o curso 2019-20

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO E COMEZO DE CURSO 2019-20

Achegamos como documento adxunto o horario de probas extraordinarias de setembro e o calendario de comezo de curso 2019-20.

Un saúdo

CALENDARIO FIN DE CURSO E INSTRUCCIÓNS MATRÍCULA (2019-20)

Achéganse como documentos adxuntos os horarios de fin de curso e as instruccións para realizar a matrícula do vindeiro curso (2019-20).

Un saúdo

A Dirección

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:
1. Devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2018/19. A falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2019/20.
2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2019/20 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.
NON hai que devolver os libros das materias suspensas.
DATA DE ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO: venres 21 de xuño
NON se recollerá ningún libro despois do prazo indicado.

Para maior información consultar documento adxunto.

O IES TERRA DO XALLAS ACADA A 5ª MELLOR NOTA DE GALICIA NA ABAU

Outro ano mais debemos felicitar á comunidade educativa do IES Terra do Xallas polos excelentes resultados acadados nas probas de acceso a universidade (ABAU). Dos 30 alumnos/as presentados (o 70% do alumnado matriculado en 2º de bacharelato) logramos un 100% de aptos, e dos 281 centros públicos e privados de Galicia, o IES Terra do Xallas obtén a quinta mellor nota, cunha media de 7,325 na parte xeral (o curso pasado obtivemos unha cualificación media de 7,24). Comentar que a  cualificación media da proba xeral en Galicia é de 6,152, polo tanto superamos a media en 1,173 puntos.

O centro con mellor nota na parte xeral é o IES S. Rosendo de Mondoñedo que presentaba 16 alumnos/as que acadaron unha nota media de 7,891, seguido polo IES Saturnino Montoya de Ferrol que con 45 alumnos/as acada unha nota media de 7,577, o IES Terra Trasancos de Narón que con 12 alumnos/as acada unha nota media de 7,504 e o centro privado Alca de Ames que con 12 alumnos/as acada unha nota media de 7,413.

Distribuir contido


by Dr. Radut