Skip to Content

O IES TERRA DO XALLAS ACADA A 5ª MELLOR NOTA DE GALICIA NA ABAU

Outro ano mais debemos felicitar á comunidade educativa do IES Terra do Xallas polos excelentes resultados acadados nas probas de acceso a universidade (ABAU). Dos 30 alumnos/as presentados (o 70% do alumnado matriculado en 2º de bacharelato) logramos un 100% de aptos, e dos 281 centros públicos e privados de Galicia, o IES Terra do Xallas obtén a quinta mellor nota, cunha media de 7,325 na parte xeral (o curso pasado obtivemos unha cualificación media de 7,24). Comentar que a  cualificación media da proba xeral en Galicia é de 6,152, polo tanto superamos a media en 1,173 puntos.

O centro con mellor nota na parte xeral é o IES S. Rosendo de Mondoñedo que presentaba 16 alumnos/as que acadaron unha nota media de 7,891, seguido polo IES Saturnino Montoya de Ferrol que con 45 alumnos/as acada unha nota media de 7,577, o IES Terra Trasancos de Narón que con 12 alumnos/as acada unha nota media de 7,504 e o centro privado Alca de Ames que con 12 alumnos/as acada unha nota media de 7,413.

Ademais a cualificación media do bacharelato no IES Terra do Xallas está entre as 30 mellores de Galicia cun 8,16 (a media galega é 7,67).

Reiterar polo tanto os parabéns á comunidade educativa do IES Terra do Xallas polos resultados acadados e desexarvos un bo verán.

 



story | by Dr. Radut