Skip to Content

FESTA INTERCULTURAL

Para promover a interculturalidade, poñendo en valor as nacionalidades representadas no Centro, o último día de clase organizamos unha degustación de comida internacional. 16 alumnos/as trouxeron comidas típicas dos seus países explicaron cando era costume saborealas e cómo eran as súas receitas. Unha xornada inolvidable!!! Se queres máis información: prema aquí

ACTO DE GRADUACIÓN: 2º BACHARELATO

O sábado 22 de xuño, o alumnado de 2º de bacharelato celebrou o seu acto de graduación en compañía das súas familias e profesorado. Parabéns a todos e todas e moita sorte nos vosos novos camiños!!

 

DÚAS ALUMNAS DO CENTRO OBTIVERON O PREMIO MEGABAU

O venres 21 de xuño entregáronse os premios MEGABAU. Dúas alumnas do IES Terra de Xallas acadaron máis dun 9 na media da parte xeral da ABAU e Bacharelato. Moitos parabéns a Natalia Martínez e Ainhara Bouzada que recibiron este recoñecemento ao seu esforzo, traballo e perseverancia.

 

NURIA LÓPEZ: 1º PREMIO "MELLOR XORNALISTA XUVENIL DA VOZ DE GALICIA"

Un artigo de opinión sobre o nomeamento de Arabia Saudí para presidir o foro de igualdade da ONU, deulle a Nuria López González, alumna de 1º de bacharelato, o primeiro premio do concurso Mellor Xornalista Xuvenil de La Voz de Galicia.

O artigo titúlase “Arabia Saudita ó mando dos nosos dereitos: unha burla á igualdade” e pregúntase, tendo en conta ás  constantes violacións dos dereitos da muller que se producen neste país, se o motivo verdadeiro desta decisión non estará máis relacionado con intereses propagandísticos ca coa verdadeira igualdade de xénero. O premio (un ordenador portátil) entregarase o 14 de xuño no Multiúsos do Sar en Santiago de Compostela. Para máis información: prema aquí

 

 

Oferta de Ciclos Formativos no noso centro

 
HHOT11. Ciclo básico de cociña e restauración. +info
BTMV11. Ciclo básico de mantemento de vehículos. +info
MADG01. Ciclo medio de xestión administrativa. +info
SADG01. Ciclo superior de administración e finanzas. Modalidade DUAL +info

SAÍDA AO ROCÓDROMO DE RIAZOR

O alumnado de 3º da ESO do IES Terra do Xallas acudiu o pasado venres 24 de Maio ao rocódromo de Riazor na cidade da Coruña, para realizar unha actividade de escalada deportiva incluída dentro do programa ‘Escalada na Escola’, financiado pola Deputación da Coruña e levado a cabo pola AMI (Agrupación de Montañeros Independientes). Ademáis de realizar unha práctica de escalada deportiva, o alumnado tamén recibiu unha charla teórica sobre os deportes de montaña e as diferentes modalidades dentro do mundo da escalada. Con esta actividade seguimos inculcando hábitos de vida saudable e activa no noso alumnado. Ver galería de imaxes

Distribuir contido


by Dr. Radut