O pasado venres, 9 de xuño, dúas alumnas do IES Terra de Xallas asistiron á entrega dos premios do concurso de La Voz de Galicia Mellor Xornalista Xuvenil ó acadaren un 2º e un 1º premio nas dúas modalidades nas que participaron, artigo de opinión e entrevista. O acto celebrouse na sede do Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, en Arteixo. As premiadas son Laura Calvo, de 1º de bacharelato, que conseguiu un segundo posto cun artigo de opinión sobre os ventres de alugueiro; e Uxía Conde, de 4º da ESO, que recibiu o primeiro premio pola entrevista que lle realizou á súa avoa e na que falaba das penurias da súa mocidade. Os traballos estiveron titorizados pola profesora de Lingua galega e literatura, Maricarme García Ares.