Achégase como documentación adxunta as instrucións de acceso ao centro o primeiro día lectivo.
Dende a dirección queremos aclarar o seguinte:
- Moitas familias estiveron entrando na plataforma ABALAR dende o ordenador. Para acceder hai que ter a Chave 365 ou certificado electrónico. Máis operativo é a aplicación ABALAR MÓBIL, xa que os avisos do centro notifícanse mediante mensaxe no móbil. Tamén é certo que a información é máis completa no ordenador. O obxectivo das familias era consultar o grupo asignado ao seu fillo ou filla. Pois ben, dende a dirección informamos que esta información é PROVISIONAL, PODE HABER (E HABERÁ) CAMBIOS NOS GRUPOS. Os grupos definitivos, como nos cursos anteriores, comunícanse o primeiro día de clase ao alumnado. Non se poden publicar, xa que iría en contra da Lei de Protección de Datos.
- Segundo o PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 , publicado o 31 de agosto, nos apartados:
12. Medidas relativas ás familias e ANPAS, cita textualmente:
12.5. Nas reunións de titoría e nas comunicacións por outros motivos coas familias priorizarase a comunicación por teléfono ou videochamada.
12.6. Utilizarase como mecanismo de comunicación xeral coas familias a páxina web do centro.
11. Regulación de circulacións e de entradas e saídas, cita textualmente:
11.5. (...) con carácter xeral, e salvo razóns xustificadas ou relacionadas con procesos administrativos, ou cando a presenza sexa requirida polo propio centro, non se permite a entrada dos proxenitores no centro educativo. O centro establecerá horarios específicos para a atención das familias non coincidentes con horarios de entrada e saída nin con intercambios de clase ou recreos.
Polo tanto, para acceder ao centro hai que solicitar cita previa chamando ao 881867080 (en horario lectivo) ou enviando un correo a ies.terra.xallas@edu.xunta.gal.
Calquera dúbida ou consulta pódese realizar telefonicamente ou mediante correo electrónico.
Pedimos paciencia e tranquilidade porque a situación que nos toca vivir este curso é nova para todas/os, pero dende a dirección podemos asegurarvos que se van respectar todos os protocolos hixiénicos e sanitarios indicados polas autoridades sanitarias e a Consellería de Educación, universidade e Formación Profesional.
O Plan de Adaptación á situación COVID 19 no curso 2020-2021 e Plan de Continxencia serán publicados na páxina web unha vez comece o curso, xa que ten que ser informados o Claustro e Consello Escolar.
A dirección.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PRIMEIRO DÍA LECTIVO-INSTRUCIÓNS DE ACCESO.pdf | 662.27 KB |