INFORMACIÓN REPARTO DE ORDENADORES DA CONSELLERÍA

Estimadas familias:

 

A Consellería vainos dotar de tres ordenadores con wifi. Para poder optar a estas axudas deberán facer unha solicitude ao centro a través do correo electrónico do centro onde conste: o nome do alumno, o curso e as razóns polas que o solicita.

Terase en conta:

1.Terán preferencia, por esta orde, o alumnado de 2º de FP Básica, de 2º de Bacharelato e de 4º de ESO e, a continuación, alumnado doutros cursos.

2. O aproveitamento xeral do curso

3. A situación económica, que deberá acreditarse documentalmente (valorarase persoas desempregadas e situacións similares)

 

O prazo de solicitude abranguerá dende o día 3 de abril ata o día 7 de abril.

Unha vez concedida a axuda comunicarémoslles o día e a forma de recollida.

 

 A Dirección

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS 2ª AVALIACIÓN

Estimadas familias:

O pasado venres, 27 de marzo, recibimos as instruccións da Consellería de adaptar esta avaliación aos tempos do Estado de Alarma e para realizar a 2ª avaliación antes do día 3 de abril, polo que esta semana procederemos a realizar a avaliación correspondente.

Aplicaranse na mesma os contidos e instrumentos de avaliación que foron traballados e aplicados ata o día 12 de marzo.

Publicaranse na web as aclaracións feitas por cada Departamento, se foran necesarias. Lembrarlles que os exames non son o único instrumento de avaliación

As notas publicaranse o día 3 de abril entre as 14,00-14,30.Poderán acceder a elas mediante a plataforma ABALAR (Abalar móbil ou Espazo Abalar)

Cando vaiamos sabendo máis novas da Consellería sobre como se vai desenvolver a 3ª Avaliación farémolo saber ás familias a través da páxina web.

Lembrarlles que para calqueira dúbida sobre a publicación das cualificacións poden contactar co centro no correo: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es, para outras cuestións relacionadas co Departamento de Orientación no correo:orientaciontrasancos@gmail.com ou co profesorado por medio de Abalar.

Un saúdo, ánimo, forza e paciencia!!

A Dirección

 

 

INFORMACIÓN APLICACIÓNS DE UTILIDADE PARA AS FAMILIAS

 

Adxunto unhas aplicacións que lles poden ser de utilidade. Lembren que o profesorado estamos colgando prácticamente  todo na AULA VIRTUAL (pinchen no enlace de AULA VIRTUAL PARA VER AS INSTRUCCIÓNS DE NOVO os que teñan dúbidas)

OUTRAS APLICACIÓNS INTERESANTES(PINCHEN EN CADA UNHA PARA ENTRAR)

I LOVE PDF: Esta aplicación permitiralles pasar documentos de PDF a WORD

CANVA: Permite facer presentacións, insertar vídeos, diseñar pósters, e desenvolver a creatividade. Require rexistro.

EDUCAPLAY: Con un montón de recursos educativos  divertidos clasificados por cursos y materias.

 

Agardamos lles sexan útiles para pasar estes días de confinamento.

Moito ánimo!

 

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO. AMPLIACIÓN PRAZO.

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 Métodos de presentación PARA FAMILIAS NO PUNTO 1: preme aquí

 Documentación para presentar: preme aquí

 Impresos: solicitude anexo II e anexo II bis: preme aquí

 

ACCESO Ó PROCEDEMENTO (SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA)

 

INFORMACIÓN DO CENTRO DURANTE OS DÍAS DE ESTADO DE ALARMA

DURANTE O PERÍODO INICIAL DICTAMINADO POLO GOBERNO QUE VAI DENDE O 16 DE MARZO ATA NOVO AVISO, ESTE CENTRO TRABALLARÁ DE FORMA TELEMÁTICA.

OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS ESTÁN SUSPENDIDOS POR ORDE DO GOBERNO, OS PRAZOS DOS MESMOS REANUDARANSE CANDO AS AUTORIDADES ASÍ O DETERMINEN.

PARA COMUNICACIÓNS URXENTES ESTAMOS Á SÚA DISPOSICIÓN NA DIRECCIÓN:

ies.terra.trasancos@edu.xunta.es

PARA PROBLEMAS QUE NON PODAN SOLUCIONAR POLO CORREO CHAMEN AO TELÉFONO DO INSTITUTO:881939159 DE 10,00 A 13,00 DE LUNS A VENRES

LEMBREN QUE OS DÍAS 19 E 20 DE MARZO SON FESTIVOS DO CENTRO

TAMÉN LEMBREN QUE NON PODEMOS ENTREGAR NINGÚN PAPEL DE FORMA PRESENCIAL, AÍNDA QUE SÍ POR CORREO ELECTRÓNICO.

A DIRECCIÓN

INFORMACIÓN FAMILIAS E ALUMNADO. TRABALLO DURANTE OS DÍAS DE PECHE

Estimadas familias:

O profesorado do centro está xa a traballar na elaboración de materiais didácticos para garantir a atención do alumnado e a continuidade do seu proceso de aprendizaxe.

1.A INFORMACIÓN do centro ás familias será transmitida a través da páxina web do centro e da Plataforma ABALAR. É moi importante para as familias ter habilitada esta ferramenta ABALAR.

 PINCHANDO NESTE ENLACE ATOPARÁN A INFORMACIÓN DE ABALAR MÓBIL

PINCHANDO NESTE ENLACE ATOPARÁN A INFORMACIÓN PARA FAMILIAS DE ABALAR

2. As plataformas didácticas que utilizaremos son: A Aula Virtual e outras habilitadas polo profesorado do centro para o contacto co alumnado e que poden ir dende a comunicación a través do correo electrónico ou do uso doutras plataformas como Edmodo, etc... ou as que o alumnado acordara utilizar co profesorado.

A partir do luns o profesorado vai traballar no seu horario habitual de forma telemática, e desa forma e a través destas plataformas será a comunicación co alumnado que terá que ir realizando as tarefas que se vaian subindo.

Se tiveran algunha dúbida poden escribir ao correo: ies.terra. trasancos@edu.xunta.es. Intentaremos solventalas o antes posible.

3. PINCHANDO AQUÍ ATOPARÁN AS INSTRUCCIÓNS DA AULA VIRTUAL

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Estimadas familias:

Ante a alarma que se está creando con esta enfermidade, informarlles que no noso centro dispoñemos de todo o que nos recomenda a Consellería, xabón e papel en todos os baños e tamén nas zonas comuns e na conserxería do centro.

Fai días foron publicadas nesta web as recomendacións do ministerio e da Consellería ademais do correo que nos remitiron.

Tamén referente ás viaxes, sobre todo Roma, chamouse ao Ministerio, Consellería e Inspeccion Educativa antes e despois da chegada dos alumnos e seguimos estrictamente todas as instruccións que nos deron e que están dentro da nosa competencia.

Non é da nosa competencia suspender as clases nin  suspender a estes alumnos do dereito de asistencia.Isto é competencia, estrictamente, da Consellería de Educación.

En todo caso, dende o centro serán seguidas todas as recomendacións en todo momento.

VIDEO EXPLICATIVO DAS PROBAS ABAU 2020

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) acaba de publicar un vídeo explicativo acerca das probas  de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) do presente curso 2019/20 coas instruccións para o alumnado que se presente ás mesmas.

 

VIDEO ABAU 2020

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

 Adxuntamos as recomendacións que recibimos da Consellería respecto á crise do Coronavirus.

CORONAVIRUS PARA EDUCACIÓN

En relación coa epidemia de coronavirus no norte de Italia (neste momento nas rexións do Piamonte, Lombardía, Veneto e Emilia-Romagna) e, despois de ter coñecemento de viaxes do alumnado de determinados colexios e institutos, tanto públicos coma privados; ou de intercambios de alumnado con este país, pregámosche difundas esta información a todos os centros públicos é privados de Galicia, para que lla acheguen ao alumnado e profesorado que participou ou vai participar neste tipo de viaxe ou intercambio.

 

As viaxes e intercambios coas rexións afectadas deberían evitarse agás que sexa estritamente necesario facelo.

 

Ademais, xuntamos as ligazóns para información sobre o coronavirus, tanto da páxina de Saúde Pública coma do Ministerio de Sanidade

 

https://www.sergas.gal/Saude-publica/Novo-coronavirus-2019-nCoV

 

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/home.htm

 

En atención ao anterior, o Ministerio de Sanidade recomenda non viaxar a zonas afectadas, que poden variar co transcurso do tempo, polo que convén informarse dos territorios na páxina web do ministerio.

 

En relación coas persoas, alumnado e profesorado que retornen de zonas afectadas(norte de Italia), a súa actividade será a normal, pero deben mostrar atención a aparición de calquera sintomatoloxía e nese caso poñerse en contacto co 061 ou co 112.

 

Prégase que os centros que teñan previsto viaxar a zonas de risco ou que teñan recibido alumnado e profesorado das zonas de alerta epidemiolóxica sigan atentamente as instrucións das autoridades sanitarias. A información está dispoñible nas páxinas do Sergas e do Ministerio de Sanidade e actualízase con frecuencia.

 

Para consultas puntuais ou intervención sanitaria 061 ten establecido un número de teléfono de atención.

 

Atentamente,

 

O secretario xeral técnico

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

 

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina webhttp://www.edu.xunta.es/axudasle.

Pinchando aquí pódese atopar o cartel coa información complementaria.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer