Gañadores do "Tíralle da língua"!!!!!!

Como en anos anteriores, tamén nesta XIII Edición do concurso de expresión oral que convoca a ASPG (Asociación Sociopedagóxica Galega) en Compostela, o noso centro levou un primeiro premio na categoría de Ensino Postobrigatorio conseguido polo grupo composto por: Thalia, Daniel Rivas, Daniel Amarelo, Ana Queipo, Rebeca Saavedra e Noa Aldrey que puxeron en escena unha Cantiga de Colega, divertida parodia das cantigas de amigo medievais. ¡Felicidades para todos!

 

TDAH

Na tarde do mércores día 17 de abril celebrouse no salon de actos do centro unha charla acerca do Transtorno de Deficit de Atención (TDA) promovida pola ANPA e o Departamento de Orientación. Na mesma, representantes da asociación ANHIDA, que agrupa a pais de nenos con esta dificultade, explicaron conceptos básicos acerca deste transtorno e aportaron ideas, aos pais e educadores que asistiron, para o desenrolo das súas respectivas labores formativas.

 

Semana Verde

Na Semana do 8 ao 12 de abril celebrouse no centro unha edición máis da Semana Verde adicada neste caso á "alimentación saudable". Os alumnos participaron en múltiples actividades sobre este tópico que incluiron practicas de análise de alimentos, coñecemento da aditivos alimentarios, charlas sobre o uso de tranxénicos, etc.

Neste mesmo contexto outorgaronse os galardóns correspondentes ao Premio "Ignacio López Bueno" que corresponderon a dous grupos de traballo de 1º de Bacharelato coordinados os dous pola profesora Olga Martínez Gómez. Son os grupos formados por Noa Aldrey Vázquez, Anabel Anidos López, Yoli Hermida Gómez e Sofía Sancho López por un lado e por Francisco J. Piñeiro Cendán, Samuel López Riveira, David Casariego Pita e Sergio Pena Alvite.

Parabéns para todos

 

Rally Matemático

O grupo de traballo de 4º da ESO coordinado pola profesora do Departamento de Matemáticas Dona Consuelo Castro gañou a fase previa que se celebrou o pasado luns, día 18 de marzo, e por tanto vai ter a oportunidade de loitar na fase final que se vai celebrar en Santiago o vindeiro 11 de abril. De gañaren terían como premio participar na fase europea en Toulouse. Parabens para todos.

Solicitude de Admisión para centros non adscritos

Picando nesta ligazón pode acceder ao impreso correspondente e imprimilo e cumprimentalo a man ou, se o prefire, encher os datos na web e imprimilo xa cumprimentado. Non olvide que neste último caso non poderá gardar o resultado.

O Logo da ANPA do centro

A ANPA "Pérez Alberti" do IES Terra de Trasancos está a necesitar un logo e para iso quere contar coa axuda de todos os alumnos do centro.

Convoca o concurso "Necesitamos un logo" cuxas bases, moi sinxelas, podedes atopar na seguinte ligazón

Convocadas Probas de acceso a Ciclos Medios

A Consellería de Educación e O.U. convoca probas libres para o acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio. O prazo de inscripción vai do 25 de febreiro ao 8 de marzo.

A información mási relevante con respecto a ista convocatoria podedes atopala na seguinte ligazón.

E, nesta outra podedes conseguir o impreso de inscrición.

Concurso Ignacio López Bueno

Convocada a Sexta Edición  do Concurso Ignacio López Bueno. Picando neste enlace podedes atopar o cartel anunciador e o resumo das bases máis importantes. A totalidade das bases podedes atopalas aquí.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer