Actividades

Prazos de Matrícula en Setembro 2017

Na seguinte Ligazón se amosan os días de matrícula correspondentes a cada curso de ESO ou Bacharelato.

Calendario de Exames de Setembro 2017

1º ESO 2º ESO 2º PMAR 3º ESO
4º ESO 1 BAC 2 BAC 1º SERV ADM
1º ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

En caso de coincidencia  en día e hora entre dous exames do mesmo ou distinto curso lee a seguinte advertencia IMPORTANTE

Detectados erros no calendario de 3ª da ESO. Foron subsanados o día 25 de agosto

 

BECAS ERASMUS+ PARA CICLOS SUPERIORES. CONVOCATORIA 2017-18

SELECCIÓN DE CANDIDATOS

Os alumnos interesados en participar no programa   ERASMUS + Convocatoria 2017    deberán cumplimentar o impreso de solicitude  remitilo, antes do 16 de xuño de 2017, a programaseuropeostrasancos@gmail.com

 PROCESO DE SELECCIÓN

1ª FASE

ENTREVISTA PERSOAL PREVIA SOLICITUDE DE DOCUMENTACIÓN AO ASPIRANTE.  XUÑO-2017 ENVIO DOCUMENTACIÓN (CV, Carta Motivación e Datos do alumno)

RESULTADOS DESTA FASE

2ª FASE

PROBAS DE IDIOMA.

3ª FASE

EXPEDIENTE: NOTA MEDIA PONDERADA EN FUNCIÓN DAS HORAS DE CADA MÓDULO.

Pode atoparse toda a información sobre as becas convocadas na seguinte documentación

Fondo de Libros de Texto Convocado

A Consellería de Educación convocou o Fondo de LIbros polo que se achegan ayudas para a adquisición de libros de texto a alumnos de Primaria e Secundaria Obrigatoria para o vindeiro curso 2017-18. A orde da convocatoria pode consultarse no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

O prazo de solicitude remata o día 23 de xuño e o documento correspondente pode obterse no documento anterior ou aquí

As solicitudes teñen que ser entregadas na Secretaría do centro. Na orde da convocatoria se explican as condicións da solicitude e a documentación que podería ser necesario aportar, como libros de familia ou sentenza de divorcia se é o caso.

Admisión curso 2017-18

Finalizado os procesos de admisión a realizar no centro comunicamos que a todos os alumnos que entregaron en prazo unha solicitude de admisión para o curso 2017-18 resultou admitido e acadou praza.

 

A Dirección

Proclamación de Gañadores

O xurado do centame Ignacio López Bueno 2017 determinou que os gañadores desta edición son os seguintes:

 Categoría ESO: Luis Bello Rego e Ivan Montero Villanueva de 3º de ESO do IES Terra de Trasancos

Acordouse facer unha mención especial para o traballo presentado por Andrea Bustabad León de 3º de ESO do IES Terra de Trasancos

 Categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos: O traballo gañador é o presentado por Andrea Miras Sixto e Raquel Pato Díaz de 1º de CM de Xestión Administrativa do IES Terra de Trasancos.

Edición de 2017 do Concurso Ignacio López Bueno

Nestas data ven de convocarse a X edición do concurso de presentación cuxas bases poden atoparse neste enlace. O Cartel anunciador deste ano en alta resolución está aquí.

NOVO TELÉFONO DO CENTRO

Reformas no sistema de comunicación do instituto obrigaron a o cambio de número de teléfono, o novo número é:

 881 938 159

SOLICITUDE DE ADMISIÓN EN FP BÁSICA Curso 2016-17

O prazo para a entrega de solicitudes empeza hoxe, día 7 de setembro e vai estar aberto ata o día 12 ás 13:00 horas.

O calendario do procedemento pode atoparse no seguinte enlace

Neste outro enlace poden atoparse instruccións máis polo miudo

RESULTADOS SELECTIVIDADE

Un ano mais temos que felicitar aos alumnos de 2º de Bacharelato polos resultados acadados nas Probas de Acceso á Universidade. Parabéns a todos por ese resultado positivo! e tamén parabéns ás vosas familias! Disfrutade dun merecido descanso.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer