O Xurado do concurso ven de facer público os resultados da edición deste curso. Resultaron gañadores os seguintes traballos:
Categoría de Bacharelato: Estefanía Villar e Elia Bellón, do IES Terra de Trasancos
Categoría de Ensinanza Secundaria: Jennifer Formoso e Kyvia de Arruda do CPR Ayala
O Xurado decidiu otorgar unha Mención Especial ao traballo presentado po Sofía López Coira do IES Terra de Trasancos.
A entrega de premios vai celebrarse no Salón de Actos do IES Terra de Trasancos o venres día 11 de abril ás 12:10 h.
Parabéns aos premiados !!!
Un Equipo de alumnos do noso centro coordinados pola profesora Consuelo Castro Vázquez resultou gañador da fase autonómica da Vixésima Edición do Rally Matemático sen Fronteiras celebrada en Santiago de Compostela o pasado venres día 28 de marzo.
Como premio van asistir á fase final deste certame que se vai celebrar en Toulouse (Francia) o vindeiro mes de maio.
Parabens!!! a alumnos e coordinadora en nome de toda a Comunidade Educativa do IES Terra de Trasancos
.
Na páxina web da Consellería de Educación publícase o calendario das probas de acceso a ciclos que pode consultarse neste enlace
Tamén está disponible a Orde da Convocatoria na que poden atoparse os anexos que deben empregarse para a inscrición e toda a información acerca dos requiisitos documentais que deben cumprirse.
Os alumnos que desexen cursar estudos de ESO ou Bacharelato no IES Terra de Trasancos e que non procedan do Centro Adscrito (CEIP A Gándara), poderán solicitar admisión entre os días 1 e 20 de marzo (ambos inclusive).A normativa que vai dirixir o procedemento de admisión é o Decreto 254/2012 de 13 de decembro.
A Solicitude de admisión pode atoparse nesta mesma web, no apartado de Secretaría e neste enlace xunto con outros necesarios, máis tarde, para formalizar a matrícula.
É importante resaltar que só se pode presentar unha solicitude de admisión. Farase no centro de preferencia. A entrega de máis dunha solicitude provocara a perda de dereitos, sendo o alumno escolarizado ao final do procedemento de admisión.
O calendario da Admisión é o seguinte:
A relación de prazas vacantes en cada curso pode atoparse na seguinte LIGAZÓN
A Consexería de Educación abre o prazo para a acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de febreiro de 2014 e ten que realizarse empregando o impreso accesible no enlace https://www.edu.xunta.es/acreditacion
ou na sede electronica da Xunta de Galicia, no enlace https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=TR&codProc=305A&procedemento=TR305A
A Consellería de Educación ven de abrir o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso. Nun primeiro momento vai facerse a reserva de praza para os alumnos procedentes dos centros adscritos. No noso caso os procedentes de 6º de Primaria matriculados actualmente no CEIP A Gándara.
O prazo é do 1 ao 15 de febreiro e a reserva farase efectiva entregando na Secretaría do CEIP A Gándara o Anexo I que poden atopar neste enlace.
Os prazos de solicitude de admisión para alumnos de ESO e Bacharelato procedentes doutros centros publicaranse proximamente nesta mesma web.
A normativa que se aplicará é a mesma do curso pasado, coa única excepción dos prazos aplicables.
Os alumnos de 3º ESO realizarán unha visita a Ferrol con motivo da súa participación no Proxecto Terra 2013-2014.
O curso 2013/2014 vai comezar o vindeiro luns día 16 de setembro. A presentación vai ter lugar entre as 10:30 e as 11:30, con servizo de autobuses. (recomendase estar na parada media hora antes da entrada para garantir a recollida)
A Consellería de Educación ven de autorizar que se imparta no noso centro, xa a partir deste curso que entra 2013-14, un novo PCPI de Servizos Administrativos.
O prazo de solicitude está aberto e permanecerá aberto ata o vindeiro 11 de setembro (ás 13:00 h)
Máis información e xestións na Secretaría do Centro en horario de 9:30 a 14:00.
Picando no nome do curso terás acceso ao calendario correspondente:
Se tes que examinarte da mesma materia pero de dous cursos diferentes segue as instrución que se che dan aquí
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer