Actividades

Solicitude de Praza para o curso 2014-2015. Prazos e Documentación

Os alumnos que desexen cursar estudos de ESO ou Bacharelato no IES Terra de Trasancos e que non procedan do Centro Adscrito (CEIP A Gándara), poderán solicitar admisión entre os días 1 e 20 de marzo (ambos inclusive).A normativa que vai dirixir o procedemento de admisión é o Decreto 254/2012 de 13 de decembro.

A Solicitude de admisión pode atoparse nesta mesma web, no apartado de Secretaría e neste enlace xunto con outros necesarios, máis tarde, para formalizar a matrícula.

É importante resaltar que só se pode presentar unha solicitude de admisión. Farase no centro de preferencia. A entrega de máis dunha solicitude provocara a perda de dereitos, sendo o alumno escolarizado ao final do procedemento de admisión.

O calendario da Admisión é o seguinte:

  1. Presentación de Solicitudes: 1-20 de marzo
  2.  Presentación acreditativa dos criterios de baremación: 25 marzo-7 de abril
  3.  Publicación da listaxe provisional de admitidos: antes do 25 de abril
  4. Publicación das listaxes definitivas de admitidos: antes do 15 de maio
  5. Prazo de matrícula para ESO e Bacharelato: do 25 de xuño ao 10 de xullo
  6. Prazo extraordinario de matrícula: 1-10 de setembro

 

A relación de prazas vacantes en cada curso pode atoparse na seguinte LIGAZÓN

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer