RESOLUCIÓN DEFINITIVA BECAS ERASMUS + 2018/2019

Esta é a resolución definitiva do proceso de selección da convocatoria de becas Erasmus + no IES Terra de Trasancos para o presente curso escolar 2018/2019:

 

 PROCESO DE SELECCIÓN RESOLUCIÓN DEFINITIVA

 Candidatos seleccionados por orde de puntuación:

  

  • FCT

 

Patricia González Grandal- Países Baixos, marzo- xuño

2019 (Erasmus + Proxecto Trasancos)

Iván Anca López- Países Baixos, marzo- xuño 2019 (Erasmus +

Proxecto Trasancos)

Paula López Rico- Irlanda, Setembro-decembro 2019 (Erasmus +

Consorcio Consellería)

   

  • TITULADOS

 Ana Isabel López Pena- RENUNCIA

Victoria Rodríguez Montero- RENUNCIA

  

13 marzo 2019

 

 A Comisión de Selección

 

Actividades de formación en linguas extranxeiras

Actividades de formación en linguas estranxeiras

20 Feb 2019
 

A Consellería de Educación convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, durante o ano 2019.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20.

Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2017/18.
c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2018/19, nun centro da Rede de centros plurilingües.d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2018/19, nun centro da Rede de centros plurilingües.

cuadro idiomas

O custo total de cada actividade inclúe:
a) No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
c) Os gastos de docencia e o material escolar.
d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
f) O certificado de realización da actividade.
g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 20 de marzo de 2019.
Máis información no DOG do 20 de febreiro de 2019 en www.edu.xunta.es/axudasle

RESOLUCIÓN PROVISIONAL BECAS ERASMUS + 2018/2019

Esta é a Resolución provisional da Selección de candidatos a Becas Erasmus + para ciclos superiores no presente curso 2018/2019 aprobada pola Comisión de Selección Erasmus do IES Terra de Trasancos.

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA CON 1º DE ESO

Primeira xornada de observación directa. Un ceo de privilexio, dous telescopios, prismáticos e unha montaxe ecuatorial con cámara para aproximar aos nosos alumnos do IES Terra de Trasancos a astronomía. Moitas preguntas e respostas e a participación estelar, nunca mellor dito, da Lúa, Saturno, Marte, as Pléiades, Andrómeda, Albireo e a impresionante Vía Láctea nun "crescendo" conforme íba baixando a Lua. Os arredores de Viveiró son moi axeitados para observar pola sua baixa contaminación lumínica. Tamen tivemos a sorte de ver un bólido e un par de estrelas fugaces. Repetiremos. 
Para terminar, unhas fotos de grupo á luz da Lúa e co telón de fondo da Vía Láctea.

abalarMóbil

 

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Para máis información, fai click aquí. Esta aplicación oficial pode atoparse e descargarse no Play Store do seu móbil.

Calendario de exames de setembro 2018

1º ESO 2º ESO 2º PMAR 3º ESO
4º ESO 1 BAC 2 BAC 3 ESO PMAR
1º ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

En caso de coincidencia  en día e hora entre dous exames do mesmo ou distinto curso lee a seguinte advertencia IMPORTANTE

STEMWEEK 2018

A Xunta de Galicia ven de convocar o STEMWEEK 2018, unha actividade formativa en Lingua Inglesa dirixida a alumnos de 3º e 4º de ESO (curso 2017-18), que ten como fondo unha temática científico matemática. As condicións de concesión da axuda correspondente e características que teñen que reunir os candidatos están resumidas no seguinte ENLACE e se desexa o acceso á disposición completa no DOG pique AQUÍ

 

ANIMÁDEVOS

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer