OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA CON 1º DE ESO

Primeira xornada de observación directa. Un ceo de privilexio, dous telescopios, prismáticos e unha montaxe ecuatorial con cámara para aproximar aos nosos alumnos do IES Terra de Trasancos a astronomía. Moitas preguntas e respostas e a participación estelar, nunca mellor dito, da Lúa, Saturno, Marte, as Pléiades, Andrómeda, Albireo e a impresionante Vía Láctea nun "crescendo" conforme íba baixando a Lua. Os arredores de Viveiró son moi axeitados para observar pola sua baixa contaminación lumínica. Tamen tivemos a sorte de ver un bólido e un par de estrelas fugaces. Repetiremos. 
Para terminar, unhas fotos de grupo á luz da Lúa e co telón de fondo da Vía Láctea.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer