O xurado do concurso ven de resolvelo
outorgando os seguintes premios:
Categoría de Bacharelato e Ciclos
Adrián Dopico Lago 1º Bacharelato IES Terra de Trasancos
Cateegoría de ESO e FPB
Estefanía Lago Díaz 4º ESO-B IES Terra de Trasancos
Mención especial do xurado para os traballos presentados por Mireia Doce Caneiro e Xavier Puig Pintos de 3º ESO e 1º do CS de Administración respectivamente.
Finalizado o procedemento de Admisión para o curso 2015-16, o centro comunica que todos os alumnos que presentaron Reserva de Praza (alumnos que cursan actualmente 6º de Primaria no CEIP A Gándara) están admitidos, e ademáis acadaron praza no procedemento de Solicitude de Admisión (procedentes doutros centros) os solicitantes que se relacionan no listado que se amosa picando no seguinte enlace.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de abrir os Procedementos e Prazos de Admisión na ESO e Baharelato para o vindeito curso. Nesta ligazón pode consultarse a Orde completa, e nesta web, no apartado de Secretaría hai enlaces aos documentos necesarios para cada proceso: reserva de praza, solicitude de admisión e matrícula.
Os prazos establecidos para o curso 2015-16 son os seguintes
Reverva de Praza: Só para alumnos cursando estudos de 6º de Primaria no centro adscrito (CEIP A Gándara, entrégase no propio centro) 1-15 de febreiro
Publicación de prazas vacantes: 28 de febreiro
Solicitude de Admisión: Procedemento para que soliciten praza os alumnos en calquera nivel académico procedentes doutros centros distintos do centro adscrito 1-20 de marzo
Presentación de documentacións xustificativa: ata o 2 de abril. Só para alumnos que nbecesiten xustificar documentalmente algunha situación persoal alegada de cara á baremación das solicitudes (Ex. condición de familia numerosa)
Listaxe provisional de admitidos e excluidos: 25 de abril
Listaxes defeinitivas de admitidos e excluidos: antes do 15 de maio
Matrícula en ESO e Bacharelato do 25 de xuño ao 10 de xullo
O vindeiro día 27 de novembro vanse celebrar no instituto eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.
Os censos electorais de pais, alumnos, profesores e PND están publicados nos taboleiros de anuncios da secretaría do centro e o prazo para facer alegacións aos mesmos remata o día 11 de novembro.
O prazo de presentación de candidaturas para renovar a 4 representantes dos alumnos, 5 do profesorado e 1 dos pais e titores remata o día 18 de novembro ás 14:00h.
Salvo cambios de última hora as votacións vanse celebrar o día 27 no seguine horario
A entrega de notas de setembro vai ser:
2º de Bacharelato o xoves día 4 ás 10:00 h.
ESO e 1º de Bacharelato o venres día 5 ás 10:00 h.
AS DATAS DE MATRÍCULA
4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato: Venres 5 de setembro
1º, 2º, 3º ESO: 8 e 9 de setembro
Segundo se publica na sección de Formación Profesional do portal educativo da Xunta de Galicia http://edu.xunta.es/fp/ para o vindeiro curso 2014-15 no noso centro vanse impartir dúas modaliades de FP Básica: Electricidade e Electrónica e Servizos Administrativos.
Se desexa máis información acerca de procedementos de admisión pique nesta ligazón
No enlace situado máis abaixo pode consultarse o calendario de exames de setembro de ESO e Bacharelato
Podedes atopar a presentación que se usou na sesión de orientación na Aula Virtual, curso Orientacións 2º Bac, Tema 1.
Nestes días celebrouse en Toulouse a fase final europea do Rally Matemático sen Franteiras.
O grupo de alumnos e alumnas do IES Terra de Trasancos de 1º da ESO preparados pola porfesora Dna. Consuelo Castro Vázquez acadou a primeira praza na súa categoría compartida con outros dous centros franceses.
Noraboa ao Equipo. Felicidades Campions!!!
A las aladas almas de las rosas...
de almendro de nata te requiero,:
que tenemos que hablar de muchas cosas,
compañero del alma, compañero.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer