Actividades

Eleccións Consello Escolar

O vindeiro día 27 de novembro vanse celebrar no instituto eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.

Os censos electorais de pais, alumnos, profesores e PND están publicados nos taboleiros de anuncios da secretaría do centro e o prazo para facer alegacións aos mesmos remata o día 11 de novembro.

O prazo de presentación de candidaturas para renovar a 4 representantes dos alumnos, 5 do profesorado e 1 dos pais e titores remata o día 18 de novembro ás 14:00h.

Salvo cambios de última hora as votacións vanse celebrar o día 27 no seguine horario

  • Alumnos: de 10:10 a 14:00
  • Profesores e PND: de 12:10 a 12:30
  • Pais e titores legais: de 16:00 a 18:30

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer