A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de abrir os Procedementos e Prazos de Admisión na ESO e Baharelato para o vindeito curso. Nesta ligazón pode consultarse a Orde completa, e nesta web, no apartado de Secretaría hai enlaces aos documentos necesarios para cada proceso: reserva de praza, solicitude de admisión e matrícula.
Os prazos establecidos para o curso 2015-16 son os seguintes
Reverva de Praza: Só para alumnos cursando estudos de 6º de Primaria no centro adscrito (CEIP A Gándara, entrégase no propio centro) 1-15 de febreiro
Publicación de prazas vacantes: 28 de febreiro
Solicitude de Admisión: Procedemento para que soliciten praza os alumnos en calquera nivel académico procedentes doutros centros distintos do centro adscrito 1-20 de marzo
Presentación de documentacións xustificativa: ata o 2 de abril. Só para alumnos que nbecesiten xustificar documentalmente algunha situación persoal alegada de cara á baremación das solicitudes (Ex. condición de familia numerosa)
Listaxe provisional de admitidos e excluidos: 25 de abril
Listaxes defeinitivas de admitidos e excluidos: antes do 15 de maio
Matrícula en ESO e Bacharelato do 25 de xuño ao 10 de xullo
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer