DÍAS DE REVISIÓNS E RECLAMACIÓNS DOS EXAMES DE SETEMBRO:
2º DE BACH:
Mércores 5 de setembro: A partir das 13,30
Xoves 6 de setembro: Toda a mañá
RESTO DO ALUMNADO DE ESO E BACH:
Venres 7 de setembro: Toda a mañá
Luns 10 de setembro: Toda a mañá
Convocadas as bolsas de axuda ao estudo para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
PRAZO: Ata o 27 de setembro
Podedes consultar toda a información AQUÍ
Para consultar dúbidas podedes achegarvos ao centro ou contactar coa unidade de xestión de bolsas da Coruña:
Pl. de Luis Seoane, s/n - Edf.Admvo. Monelos
TFNO.: 981.18.47.41
Fax 981.18.22.30
bolsas.ed.co@xunta.es
CALENDARIO DE MATRÍCULA DE SETEMBRO
CURSO 2018-19
Alumnado de fÓra do centro: |
DO LUNS 3 DE SETEMBRO ATA O VENRES 7 DE SETEMBRO |
HORARIO DE MATRÍCULA: 9,15-14,00 |
Alumnos do centro de 1º, 2º 3º de ESO: |
LUNS 10 DE SETEMBRO |
HORARIO DE MATRÍCULA: 9,15-14,00 |
Alumnos do centro de 4º de ESO, 1º e 2º de Bach.: |
VENRES 7 DE SETEMBRO |
HORARIO DE MATRÍCULA: 9,15-14,00 |
· Prazos do proceso de admisión a Ciclos Formativos de Formación Profesional Básica:
Período Ordinario de Admisión |
|
Presentación de solicitudes |
Desde o día 3 ata as 13:00 horas do día 11 de setembro |
Listaxe de alumnos admitidos e non admitidos |
12 de setembro |
Reclamación á listaxe |
13 e 14 de setembro |
Matriculación |
Dende o día 13 ata o día 20 de setembro |
Estes son os libros de texto por niveis para o curso 2018-2019 no IES Terra de Trasancos:
Ciclo Formativo de Grao Medio "Xestión Administrativa":
Ciclo Formativo de Grao Superior "Administración e Finanzas":
Este é o calendario de exames finais de xuño de FP Básica do presente curso 2022/23 no IES Terra de Trasancos:
Este é o Calendario de Exames Finais Extraordinarios de 1º Bacharelato do presente curso 2022/23 no IES Terra de Trasancos.
Este é o calendario de exames finais extraordinarios de xuño de 2º Bacharelato do presente curso 2022/23 no IES Terra de Trasancos.
Como informamos cada curso, ademais do Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para a adquisición de Libros de Texto e Material Escolar da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o Concello de Narón ofrece AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.
As axudas para material escolar, como prestación económica de carácter asistencial, están destinadas a facilitar o acceso ao material didáctico e escolar das familias con baixos recursos económicos con alumnado matriculado en centros públicos ou concertados do Concello de Narón, nos niveis educativos do segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional de ciclos medios, e Educación Secundaria de Adultos.
As solicitudes poderanse presentar xunto coa documentación correspondente:
- Na Sede Electrónica do Concello de Narón, conforme ao modelo oficial (https://sedeelectronica.naron.es/siac/).
- No Rexistro Xeral do Concello de Narón, conforme ao modelo oficial facilitado polo Concello.
- Por calquera outro dos medios previstos no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
NIVEIS
- As axudas para o alumnado de centros de Secundaria concederanse segundo o nivel escolar do alumno, nos importes que figuran a continuación:
Educación Secundaria 100,00
Bacharelato e Formación Profesional (ciclos medios) 190,00
A axuda concederase ao solicitante e o pago realizarase mediante a entrega dun “VALE”, asinado pola Concellería Delegada, que será presentado en calquera dos establecementos do termo municipal de Narón, para poder adquirir o material escolar que o/a solicitante demande, e polo importe máximo que figure no referido “VALE”, que coincidirá co importe da axuda outorgada.
As axudas concedidas terán como destino a adquisición do seguinte material:
- Dicionarios e outros materiais de consulta, cadernos, bolígrafos, e materiais miúdos de carácter académico.
- Instrumentos musicais, material informático e equipamento deportivo.
PRAZO DE SOLICITUDES:
Este prazo permanecerá aberto durante todo o curso escolar 2021-2022, atendendo ao carácter social desta prestación, e á necesidade de dar cobertura a situación ou necesidades que se presenten.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer