Actividades

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 2021-2022 DO CONCELLO DE NARÓN

Como informamos cada curso, ademais do Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para a adquisición de Libros de Texto e  Material Escolar da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o Concello  de Narón ofrece AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

 As axudas para material escolar, como prestación económica de carácter asistencial, están destinadas a facilitar o acceso ao material didáctico e escolar das familias con baixos recursos económicos con alumnado matriculado en centros públicos ou concertados do Concello de Narón, nos niveis educativos do segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional de ciclos medios, e Educación Secundaria de Adultos.

As solicitudes poderanse presentar xunto coa documentación correspondente:

     - Na Sede Electrónica do Concello de Narón, conforme ao modelo oficial (https://sedeelectronica.naron.es/siac/). 

  - No Rexistro Xeral do Concello de Narón, conforme ao modelo oficial facilitado polo Concello.

    - Por calquera outro dos medios previstos no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

NIVEIS

- As axudas para o alumnado de centros de Secundaria concederanse segundo o nivel escolar do alumno, nos importes que figuran a continuación:

Educación Secundaria 100,00

Bacharelato e Formación Profesional (ciclos medios) 190,00

A axuda concederase ao solicitante e o pago realizarase mediante a entrega dun “VALE”, asinado pola Concellería Delegada, que será presentado en calquera dos establecementos do termo municipal de Narón, para poder adquirir o material escolar que o/a solicitante demande, e polo importe máximo que figure no referido “VALE”, que coincidirá co importe da axuda outorgada.

As axudas concedidas terán como destino a adquisición do seguinte material:

     - Dicionarios e outros materiais de consulta, cadernos, bolígrafos, e   materiais miúdos de carácter académico.

  - Instrumentos musicais, material informático e equipamento deportivo.

 PRAZO DE SOLICITUDES:

 Este prazo permanecerá aberto durante todo o curso escolar 2021-2022, atendendo ao carácter social desta prestación, e á necesidade de dar cobertura a situación ou necesidades que se presenten.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer