Actividades

25N DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO. MOSTRA TRABALLO 4º ESO

O 17 de decembro de 1999 a asamblea xeral das nacións unidas declarou o 25 de novembro como día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Dende 2003 ata outubro de 2018 rexistráronse 58 asasinatos machistas en galicia e 966 no estado. Estes datos fannos considerar que esta dramática realidade require dunha resposta unánime e firme de toda a sociedade e en tódolos ámbitos.

O alumnado de 4º eso elaborou este traballo para denunciar as mensaxes que transmiten moitas das cancións que escoitamos normalizadamente e os sentimentos que producen as agresións verbais, físicas e de control.

 Para ver o traballo completo pica neste enlace ao blog do IES

Isto non remata aquí, en breve teremos máis novidades no noso compromiso coa igualdade

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO ELECTORAL AO CONSELLO ESCOLAR

Celebrase nos vindeiros días a elección e renovación do Consello Escolar, polo que nos parece preciso informar a toda a comunidade educativa dos días nos que teran lugar as votacións e procedementos.


Elección representantes do alumnado As votacións  terán lugar  os días

Todo o alumnado: 28 de novembro de 10:10 a 14:00. Na sala de titorías.

Alumnado que non poidera votar por que  o día anterior participou en actividades extraescolares: 29 de novembro de 12:10 a 12:30

Eleccións de representantes de nais/pais

 A votación será o día 28 de novembro de 16,30 a 19,30 na Sala de Titorías.

Elección de representantes do persoal docente e non docente:
 

Profesorado e persoal non docente 28 e 29 de novembro ás 12:10 a 12:30 . A razón é facilitar a todo o profesorado a emisión do seu voto (había algúns que tiñan saídas un ou outro día). Votaremos na Sala do profesorado.

Aviso titores/as

Lembrádelle ao alumnado da vosa titoría que ademáis de nesta páxina, poden mirar a lista de candidaturas no taboleiro xunto a secretaría.

Para o día da votación: as conserxes pasarán polas clases para que o alumnado baixe a votar.

Enlace a lista de candidaturas

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA CON 1º DE ESO

Primeira xornada de observación directa no concello de Muras (Lugo) impartida por varios membros da Sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural e da Asociación Fotografía Ferrolterra.

Un ceo de privilexio, dous telescopios, prismáticos e unha montaxe ecuatorial con cámara para aproximar a os nosos alumnos  de 1º da ESO á astronomía. Moitas preguntas e respostas e a participación estelar, nunca mellor dito, da Lúa, Saturno, Marte, as Pléiades, Andrómeda, Albireo e a impresionante Vía Láctea nun "crescendo" conforme íba baixando a Lua. Os arredores de Viveiró son moi axeitados para observar pola sua baixa contaminación lumínica. Tamen tivemos a sorte de ver un bólido e un par de estrelas fugaces. Repetiremos. 

Para terminar, unhas fotos de grupo á luz da Lúa e co telón de fondo da Vía Láctea.

 

BECAS ERASMUS+ PARA CICLO SUPERIOR. CONVOCATORIA 2018-19.

RESULTADO 1ª FASE DA SELECCIÓN DE CANDIDATOS 

 

Alumnado seleccionado por orde de puntuación: 

 

  • Mobilidade: FCT

Patricia González Grandal

Iván Anca López

Paula López Rico

 

  •   Mobilidade: Prácticas Titulados

 Ana Isabel López Pena

Victoria Rodríguez Montero

 

RESULTADOS 2ª Fase: PROBAS DE INGLÉS- xoves día 15 de novembro, 2018 (10:30 h).

Cualificacións:

    • Mobilidade: FCT

Iván Anca López- 8.42 (Reading 8; Writing 8.5; Listening 7.2; Speaking 10).

Patricia González Grandal- 8.17(Reading 10; Writing 7; Listening 6.7; Speaking 9)

Paula López Rico- 6.95 (Reading 8; Writing 6; Listening 5.8; Speaking 8)

 

    •   Mobilidade: Prácticas Titulados

 Ana Isabel López Pena- 7.41 (Reading 7.25; Writing 7; Listening 8; Speaking 7)

Victoria Rodríguez Montero- 6.12 (Reading 4.5; Writing 8; Listening 6; Speaking 6)

BECAS ERASMUS+ PARA CICLO SUPERIOR. CONVOCATORIA 2018-19.

PROCESO DE SELECCIÓN: LISTAXE DE ADMITIDOS

 

  • Mobilidade: FCT

 Iván Anca López

Patricia González Grandal

 Paula López Rico

 

  •   Mobilidade: Prácticas Titulados

 Ana Isabel López Pena

Victoria Rodríguez Montero

 

BECAS ERASMUS+ PARA CICLO SUPERIOR. CONVOCATORIA 2018-19.

BECAS ERASMUS + PARA

CICLO

SUPERIOR.

 

CONVOCATORIA 2018-19

 

 

SELECCIÓN DE CANDIDATOS

        Os alumnos interesados en participar no programa ERASMUS + Convocatoria 2018 deberán cumplimentar o impreso de solicitude e remitilo, antes do día 20 de outubro de 2018, a programaseuropeostrasancos@gmail.com.

 Listaxe de admitidos

PROCESO DE SELECCIÓN

1ª FASE

ENVIO DOCUMENTACIÓN (CV, Carta Motivación e Datos do alumno)

ENTREVISTA PERSOAL PREVIA SOLICITUDE DE DOCUMENTACIÓN AO ASPIRANTE. 23-26 outubro-2018

2ª FASE

PROBAS DE IDIOMA (novembro 2018).

3ª FASE

EXPEDIENTE ACADÉMICO E INFORME DO EQUIPO DOCENTE

Pode atoparse toda a información sobre as becas convocadas na seguinte documentación

 

Lista definitiva de admitidos Fp Básica de Comercio

Vergara Casas, Zeltia

Parada Bacelo, Aroa

Casal Pérez, Lois

López Cribeiro, Gisela

Domínguez Bujones, Laura

Couceiro López, Iago

Gutiérrez da Silva, Óscar

Romero Pérez, Silvia

Silva Beceiro, Eva María

Conces Rodríguez, Jéssica

Cobelo Canido, Lucía

Saavedra Arguiz, Raúl

Marqués Rías, Hugo Felipe

Axudas de material para ESO, BACH. e CICLOS

O Concello convoca axudas de material.As becas de material, poderán solicitalas as familias empadronadas no municipio e con fillos escolarizados en segundo ciclo de educación escolar, primaria, secundaria, bachillerato e FP de ciclos medios, e centros de educación especial. As axudas variarán en función do nivel educativo e oscilarán entre os 80 e os 150 euros.

MATRÍCULA SETEMBRO ESO E BACHARELATO. CURSO 2018/2019.

 

  • VENRES 7: 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato-  de 8:30 a 14:00.

 

  • LUNS 10: 1º, 2º e 3º ESO- de 8:30 a 14:00.

 

 

REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE EXAMES

DÍAS DE REVISIÓNS E RECLAMACIÓNS DOS EXAMES DE SETEMBRO:

2º DE BACH:


Mércores 5 de setembro: A partir das 13,30
Xoves 6 de setembro: Toda a mañá

RESTO DO ALUMNADO DE ESO E BACH:

Venres 7 de setembro: Toda a mañá
Luns 10 de setembro: Toda a mañá

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer