Actividades

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA CON 1º DE ESO

Primeira xornada de observación directa no concello de Muras (Lugo) impartida por varios membros da Sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural e da Asociación Fotografía Ferrolterra.

Un ceo de privilexio, dous telescopios, prismáticos e unha montaxe ecuatorial con cámara para aproximar a os nosos alumnos  de 1º da ESO á astronomía. Moitas preguntas e respostas e a participación estelar, nunca mellor dito, da Lúa, Saturno, Marte, as Pléiades, Andrómeda, Albireo e a impresionante Vía Láctea nun "crescendo" conforme íba baixando a Lua. Os arredores de Viveiró son moi axeitados para observar pola sua baixa contaminación lumínica. Tamen tivemos a sorte de ver un bólido e un par de estrelas fugaces. Repetiremos. 

Para terminar, unhas fotos de grupo á luz da Lúa e co telón de fondo da Vía Láctea.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer