Estimadas familias:
Ante a alarma que se está creando con esta enfermidade, informarlles que no noso centro dispoñemos de todo o que nos recomenda a Consellería, xabón e papel en todos os baños e tamén nas zonas comuns e na conserxería do centro.
Fai días foron publicadas nesta web as recomendacións do ministerio e da Consellería ademais do correo que nos remitiron.
Tamén referente ás viaxes, sobre todo Roma, chamouse ao Ministerio, Consellería e Inspeccion Educativa antes e despois da chegada dos alumnos e seguimos estrictamente todas as instruccións que nos deron e que están dentro da nosa competencia.
Non é da nosa competencia suspender as clases nin suspender a estes alumnos do dereito de asistencia.Isto é competencia, estrictamente, da Consellería de Educación.
En todo caso, dende o centro serán seguidas todas as recomendacións en todo momento.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer