Enviado por admin o Ven, 03/03/2023 - 17:03
O pasado xoves 16 de febreiro, o alumnado de 2º e 4º de ESO visitou o Museo de Pontevedra para participar na "Camiñada con Castelao". Na saída organizada polo departamento de Dinamización da Lingua Galega o alumnado puido visitar o Museo e a continuación levou a cabo a "Camiñada con Castelao", percorrido polas rúas da cidade a partir da traxectoria vital do autor.
O alumnado foi acompañado polas profesoras de Lingua Galega , Darío Carrera, do departamento de Xeografía e Historia e a profesora de FOL, Adelina Cobo.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License