Skip to Content

Novas

Eleccións ó Consello Escolar 2021 (II)

 

 

     O 27 de outubro, ás 12:10 na biblioteca do centro realizouse o sorteo público para elixir a Xunta Electoral que está a supervisar o proceso.
    Dada a importancia que ten o Consello Escolar para o goberno do centro pedimos a colaboración das nais, pais ou titores legais do noso alumnado para presentar a súa candidatura como representante deste estamento, ao que lle corresponden 3 postos pola matrícula do IES Sofía Casanova.
    Na actualidade as familias teñen os seus representantes, dos que hai que renovar un (1) deles por fin de mandato. Respecto ao alumnado, hai que renovar os 4 representantes.
    O Equipo Directivo quere animar á participación tanto na presentación de candidaturas como no proceso de elección para que toda a comunidade educativa poida participar na boa gobernanza do centro. Envíase a convocatoria correspondente a este sector.

    Achegamos un resume das competencias e composición do Consello:

Andaina ó Bosque dos Nenos

   

     O xoves 14-10.2021 realizouse unha andaina ata o Bosque dos nenos, en Valón, polo alumnado de 1º de ESO A,B,C e D.

    Os departamentos de Debuxo, E. Física e Bioloxía organizaron esta saída una fermosa má onde alumnado fixo unha caminata de un 7 km, para debuxar os seres que habitan neste fermoso ecosistema.

  Fotografías.

Eleccións ó Consello Escolar 2021 (I)

   De conformidade co establecido no apartado 1 do artigo 5º, da resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

 

    A organización e a supervisión do procedemento de elección estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e que estará integrada por: A directora do Centro Un profesor ou profesora Un pai ou nai ou titor legal Un alumno ou alumna Un representante do PAS Os catro últimos serán designados por sorteo público, segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo.

    O sorteo celebrarase neste Centro o próximo día 27 de outubro, mércores, ás 12:10 horas.

    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo CE deberán seguir as instrucións que publicará proximamente a Xunta Electoral do Centro

EDIXGAL- Información xeral, acceso ás aulas, préstamo ordenadores.

        

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

         

Convalidacións de música

 

    Ata o 30 de setembro poden presentarse solucitudes de convalidación para a materia de música en ESO e Bacharelato.

   Está habilitado un portal no que poden consultarse as respostas ás dúbidas máis frecuentes.

   O proceso de validacións ampárase na Orde do 7 de xullo de 2020.

  

Inicio das clases. Curso 2021-22

  

   Mañá día 15 de setembro terá lugar o comenzo das clases.

   A incorporación ó centro será de maneira escalonada.

   Nas ligazóns correspondentes detállase a que hora e por cál das portas terá lugar a entrada dos alumnos de cada grupo.

   2º Bach       1º Bach     1º e 2º ESO           3º e 4º ESO

   Para saber en que grupo está cada alumno consúltense as seguintes ligazóns:

  1º ESO   2ºESO   3ºESO   4º ESO    1ºBach   2º Bach

Bolsas de axuda ó alumnado de bacharelato e con necesidades específicas de apoio educativo 2021

 

     Ata o 30 de setembro de 2021 permanece aberto o prazo para solicitar bolsas de axuda para o alumnado de bacharelato e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

    Nas ligacións correspondentes poden atoparse indicacións sobre os requisitos, tipos e cuantía das axudas.

Distribuir contido


by Dr. Radut