Skip to Content

Eleccións ó Consello Escolar 2021 (I)

   De conformidade co establecido no apartado 1 do artigo 5º, da resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

 

    A organización e a supervisión do procedemento de elección estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e que estará integrada por: A directora do Centro Un profesor ou profesora Un pai ou nai ou titor legal Un alumno ou alumna Un representante do PAS Os catro últimos serán designados por sorteo público, segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo.

    O sorteo celebrarase neste Centro o próximo día 27 de outubro, mércores, ás 12:10 horas.

    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo CE deberán seguir as instrucións que publicará proximamente a Xunta Electoral do Centro



page | by Dr. Radut