No concurso Coca-Cola Novos Talentos, gañou o 1º Premio de Relato Curto en Galego, do Sector Provincial de Ferrol, a alumna Mónica López López, presentada polas profesoras Laura Suárez Llano e Inés López Sanjurjo.
Asi mesmo tamén gañou o 1º Premio de Relato Curto en Castelán outra alumna, Raquel Nogueira Malde, levando Marta Eireos Currás e Carolina Calvo Salgado o 4º e 6º premios respectivamente, presentadas pola profesora Juana Brañas.
Noraboa a alumnas e profesoras polo seu espirito participativo!
O premio para as alumnas foi un equipo de peregrino (mochila, camiseta, viseira, chuvasqueiro), un ipod, unha memoria usb, un lote de libros e un trofeo conmemorativo, e o premio para as profesoras un equipo de peregrino, unha memoria USB e un trofeo conmemorativo.