Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Avaliación de Diagnóstico 2010-2011

O mércores 11 e o xoves 12 realizaranse as probas de diagnóstico no nivel de 2ºESO. Entregouse unha folla informativa ás familias que, xunto con outra información xeral pode atoparse na páxina seguinte.

Orde enlace

Resolución enlace

Carta ás familias enlace

Instruccións 1 enlace

Instruccións 2 enlace

Normas de uso dos ordenadores de Abalar

Consulta das normas de uso dos ordenadores e outros equipos do programa Abalar aprobadas polo consello escolar do centro. Consulta na páxina seguinte

 

Guía para as familias enlace

Guía para o profesorado enlace

Informe ás familias enlace

Normas RRI (Regulamento Réxime Interno ) enlace

Celebrando o "Día do Libro"

Con motivo da celebración do "Día do Libro", alumnado do 1º curso da ESO e alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil, realizaron unha actividade conxunta na que se utilizaron os "CONTOS POPULARES" como materia prima para a "TRANSFORMACIÓN DE HISTORIAS" (baseándonos na aplicación práctica das "TÉCNICAS DE GIANNI RODARI").

A actividade foi dirixida por Fernando Sevilla, licenciado en Arte Dramático, que ven colaborando co Ciclo Superior de Educación Infantil en diversos obradoiros relacionados coa aplicación práctica de diferentes técnicas de drámatización.

Ver fotos da actividade nesta ligazón: Día do Libro

Campus Científicos 2011

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, co apoio da Obra Social "la Caixa" pon en marcha a 2ª edición do programa Campus Científicos de Verán, co fin de potenciar o interese de 1200 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato pola Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.

Para máis información visita a páxina web: Campus Científicos 2011

Ampliado o prazo do concurso “Como te imaxinas na USC?”

O prazo de presentación do concurso de Relatos Curtos, “Como te imaxinas na USC?” ,  amplíase ata o 16 de maio de 2011.

Actualización da publicación Guía do SUG

SUG Ven de publicarse unha actualización da guía do Sistema Universitario de Galicia, con modificacións de interese nas páxinas 335 e 413.

Pode conseguirse o PDF completo en

https://www.edu.xunta.es/web/node/2416

Probas de acceso ás ensinanzas universitarias

No Diario Oficial de Gallicia nº 66 de data Luns, 4 de abril de 2011, e na súa páxina 5939, aparece publicada a "Orde do 24 de marzo de 2011 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades do sistema universitario de Galicia".

Ver o texto íntegro da publicación na ligazón seguinte: Regulación PAU

Trastorno por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade

anhidaDe interese educativo e sanitario para as familias: 1ª PONENCIAS SOBRE TDAH en Ferrol.
Data: Venres 1 de Abril de 2011 Hora: 19:00 a 21:00
Lugar Fundación NovaCaixaGalicia Ferrol, Entrada gratuíta, ata completar aforo.
Ponencias:
Dra. Elvira Ferrer: "Enfoque clínico do TDAH"
Dr. Alberto Veleiro: "O TDAH na escola"
Contacto: anhida.ferrolterra@gmail.com, 981 347 592 

Distribuir contido


by Dr. Radut