...formou un home do po da terra (Xénese, 2, 7)
As mans dun grupo de alumnos, orientados polos seus profesores de debuxo e asistidos polo artista local Rosendo, comezaron a modelar en barro o busto de Sócrates que, pétreo, presidirá un xardín tudense.
Un anterior busto socrático presidira o mesmo lugar nos meses previos á última Guerra Civil española.
Unha das consecuencias daquela barbarie foi o afundimento do citado busto no río Miño.
Hoxe, setenta e cinco anos despois, queremos ser humildes émulos do que fixeron en 1936 outro grupo de alumnos deste mesmo instituto de Tui, dirixidos polo seu profesor de debuxo e modelado Benito Prieto Coussent.
A todos eles, discípulos e mestre, a mellor homenaxe que podemos ofrecer é esta: volver o busto de Sócrates ao pedestal do que endexamais debeu ser arrincado; e imos conseguilo: a tarefa comezou.
|