Á comunidade educativa do noso IES:
Corresponde no curso 2022/23 efectuar a renovación dos consellos escolares dos centros sostidos con fondos públicos. No IES San Paio toca levar a cabo renovación parcial de membros nos seguintes sectores: profesorado, nais/pais e alumnado.
Mediante esta circular, enviada tamén a través de Abalar, comunícase a data e hora do sorteo público para a elección dos membros da Xunta Electoral, que serán os responsables de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar do noso IES. O sorteo terá lugar o VENRES 28 DE OUTUBRO DE 2022, ÁS 12.25 h, na sala de profesorado, e designarase unha persoa titular e outra suplente por cada sector (profesorado, nais/pais, alumnado e persoal non docente). O mesmo día 28 publicaranse os resultados.
Pode consultarse a circular completa de comunicación da data e hora do sorteo, e toda a información do proceso electoral, no taboleiro da Secretaría do centro ou na nosa páxina web (Novas, Eleccións 2022), na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/2851
Animamos desde aquí a toda a comunidade educativa a que participe destas eleccións, xa que o Consello Escolar é o órgano de maior representación e constitúe unha boa maneira de contribuír a un mellor funcionamento do ensino público.