IV Encontros con exalumnado
Volven, na súa cuarta edición, os Encontros con exalumnado. Dezaseis exalumnas/os volven a casa varios anos despois para baleirar a mochila e compartir experiencias, erros, acertos, incertidumes e, en definitiva, o camiño percorrido desde que abandonaron o instituto ata hoxe. O seu público, claro está, será o actual alumnado de 2º Bacharelato; a eles/as falarán, para guialos ou botar luz sobre as súas dúbidas, estudantes que hai non tanto estiveron aquí, nestas aulas, nestes pupitres e neste curso tolo no que agroman de súpeto tantos retos, eleccións e camiños por vivir.
O vindeiro martes 14 será o turno do exalumnado e alumnado de Ciencias, e o xoves 16 será a quenda dos de Ciencias Socias e Humanidades. Hora e media de encontro entre xeracións para compartir experiencias en ciclos, graos, erasmus, másters, prácticas ou incluso no mundo profesional.