Skip to Content

Xogo

De amoribus (V) CARLA ANTONELLI

CARLA ANTONELLI

Carla Antonelli (Tenerife, 1959) é o nome artístico de Carla Delgado Gómez, unha actriz, política e recoñecida activista dos dereitos LGBT. Desde 2011 é deputada da Asemblea de Madrid polo Partido Socialista Obreiro Español, converténdose na primeira e única muller transexual de España en acceder ao devandito cargo.carla

Carla  Antonelli foi Corifea, líder do coro de mulleres da comedia de Aristófanes titulada Lisístrata  que se representou no teatro romano de  Mérida, sendo a primeira vez que unha actriz transexual interpretou un personaxe principal no teatro  emeritense. A obra converteuse no espectáculo máis visto de toda a historia do Festival de  Mérida con case 30.000 espectadores.

No 2014 preséntase o documental A viaxe de Carla, dirixido por Fernando  Olmeda, que relata a vida de Carla  Antonelli. A cinta resultou a gran triunfadora do  XIX  LesGaiCineMad (Festival Internacional de cinema  lésbico,  gai e transexual de Madrid), ao conquistar dous dos galardóns máis importantes do  palmarés. O público elixiu esta historia como Mellor Documental (nacional e internacional) e Mellor Obra Española, o único galardón con dotación económica do festival. A viaxe de Carla tamén obtivo o Premio do Público ao Mellor Documental do X Festival de Cinema LGTB de Andalucía  AndalesGai.

https://www.elespanol.com/reportajes/20170623/225978269_0.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Carla_Antonelli
http://www.carlaantonelli.com/biografiaaaaaaa1.htm
http://www.carlaantonelli.com/notis-11082010-lisistrata-obra-mas-vista-festival-merida.htm

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 23:00

De amoribus (XIII) UN EXÉRCITO GAI

UN EXÉRCITO GAI

Górgidas, a comezos do século IV a. C., organiza en Tebas unha unidade de elite con tropas escollidas, o famoso Batallón Sacro, formado por cento cincuenta parellas de erómenes-erastés (amados-amantes) masculinos que pelexaban  de xeito conxunto. Este batallón baseado na educación pederástica grega, é dicir, nunha parella homoerótica integrada por un home de maior idade "heniochoi" ou “condutor” e un pupilo ou compañeiro "paraibatai", apoiábase na crenza de que un exército formado por parellas de amantes sería invencible pois considerábase que o mozo adolescente loitaría ata a morte á beira do seu mentor. 

queroneaSe cadra este foi un dos mellores exércitos que viu a antigüidade; o batallón sacro de Tebas foi quen de derrotar aos temibles espartanos nas batallas de Leuctra e Mantinea e só sucumbiu ante os exércitos do gran Filipo de Macedonia e o seu fillo Alexandre Magno en Queronea (338 a.C.). Segundo Plutarco o propio Filipo recoñeceunos : “O vitorioso Filipo pousou a súa mirada nos cadáveres e preguntou: -Quen son estes case trescentos mortos abrazados entre si afundidos e unidos en morte e en amor. Respondéronlle: -Son os de Tebas, o Batallón Sacro de Pelópidas de amantes e de amados, os virís de Tebas da estirpe de Layo. Filipo respondeu: -Pereza o home que sospeite que estes homes ou sufriron ou fixeron algo inapropiadamente.”

No diálogo platónico O banquete explícase a efectividade dun exército así formado: “(…) se por calquera circunstancia, un estado ou un exército puidesen estar compostos só de amantes e de amados, non habería pobo que levase máis alto o horror ao vicio e a emulación da virtude. Os homes, así unidos, aínda que en pequeno número, poderían en certo xeito vencer ao mundo enteiro”

“Non hai home tan covarde a quen o amor non inflame de valor e faga semellante a un heroe” pois, como sinala Platón, a maior deshonra á que estaba exposto un home era realizar accións deshonrosas diante do seu amante, polo que un exército formado por amantes evitaría realizar accións vergoñentas na derrota “se un home que ama comete unha mala acción ou sofre unha aldraxe sen rexeitala, non haberá pai, nin parente nin ninguén no mundo ante quen este home senta tanta vergoña de presentarse como ante o ser a quen ama”. Mais tamén evitará tomar accións crueis na vitoria, tan frecuentes nos exércitos. “Nada como o amor pode inspirar ao home o necesario para levar unha vida honesta: quero dicir o horror ao mal e a emulación do ben”.

Outra circunstancia a ter en conta neste modelo de exército é a inmensa solidariedade entre os seus integrantes, xa que ningún sentimento ou motivación é máis poderoso que o intento de salvar a vida á persoa que amas “preferiría morrer mil veces, sobre todo, antes de deixar en perigo ao seu ben amado e abandonalo sen socorrelo” e ningún tan terrible como a vinganza ante a perda do ser amado, polo que a ferocidade destes exércitos tamén resulta temible. morte epaminondas

En parecidos termos exprésase Plutarco: “un batallón cimentado pola amizade baseada no amor nunca romperá e é invencible; xa que os amantes, avergoñados de non ser dignos ante a vista dos seus amados e os amados ante a vista dos seus amantes, desexosos arróxanse ao perigo para o alivio duns e outros”

Se á efectividade que proporcionan os lazos amatorios engadimos unha estudada planificación estratéxica que substitúe a falanxe continua tradicional por unha liña en cuña e de maior profundidade, onde o Batallón Sacro á esquerda da fronte carga contra as tropas de elite rivais, o seu maior empuxe e forza de carga permitiralles copar a fronte dereita do inimigo e rodear ao resto do exército. O que explicaría os éxitos militares que facilitaron a hexemonía de Tebas na época de Pelópidas e Epaminondas.
 
CRÉDITOS:

TEXTOS:

https://www.jotdown.es/2018/09/los-hijos-de-eros-homosexualidad-militar-en-la-grecia-clasica/
http://historsex.blogspot.com/2017/08/la-pederastia-militar-el-batallon.html
https://ecmes.wordpress.com/2007/04/03/los-otros-300-el-ejercito-gay/
https://revistadehistoria.es/pelopidas-epaminondas-batallon-sagrado-tebas/
https://www.sergioalejogomez.com/batallon-sagrado-tebas/

IMAXES:
David Angers (1788 – 1856), A  morte de Epaminondas
https://assets.arrecaballo.es/wp-content/uploads/2014/03/batalla-de-queronea-338-ac-alejandro-atacando.png

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 22:00

De amoribus (XI) OSCAR WILDE

OSCAR WILDE

  Naceu en Dublín en 1854 (daquela todavía non se separara a Irlanda Católica de Gran Bretaña) e morreu en Paris en 1900. É considerado un dos máis notables narradores, poetas  e, sobre todo, dramaturgo da última etapa da Inglaterra Victoriana.  A súa personalidade brillante,  o seu agudo e pouco convencional inxenio e  unha persoanalidade extrovertida o convertiron nunha celebridade no Londres da época.


 wilde Foi fillo de intelectuais, o pai foi cirurxián e arqueólogo e a súa nai poeta e nacionalista. Combinou os seus estudos universitarios (Trinity College de Dublín, Magdalen College de Oxford…) con viaxes , estando en Italia, Grecia, Francia e Estados Unidos. Pronto se convertiu nun autor de éxito, por mor do seu inxenio punzante  co que fustigaba as hipocrisías dos seus contemporáneos. En 1884 casou con Constance Lloyd, que lle deu dous fillos que rexeitarían o apelido paterno despois dos acontecementos de 1895.


 A súa homosexualidade estará latente nalgunhas das súas obras, especialmente no Retrato de Dorian Gray onde moitas pasaxes tiveron que ser censuradas polo seu contido abertamente homosexual, algo que na Inglaterra victoriana era motivo de escándalo e de castigo.


  O seu éxito viuse truncado en 1895, cando o marqués de Queenberry  incia unha campaña de difamación  acusandoo de corromper ao seu fillo, lord Alfred Douglas “Bosi”. A denuncia causou un gran escándalo, sendo xulgado e castigado a dous anos de traballos forzados. Desta época é a súa aclamada obra  Balada do cárcere e De profundis, obra na que Wilde describe o que sentía por Douglas. Despois disto, foi repudiado pola sociedade inglesa e pola súa propia familia. Recobrada a liberdade volveu a reunirse con Alfred en Nápoles, onde conviviron durante uns meses. A falta de fondos e as desavinzas entre eles puxeron fin a esta relación. Oscar Wilde  cambiou de nome e apelido (adoptou o de Sebastian Melmoth) e marchou para París. Os seus últimos anos de vida estiveron caracterizados pola penuria económica, a bebida e os problemas de saúde. Morreu solo, pobre e despreciado a idade de 46 anos. Co paso do tempo a súa figura volvería a ser rehabilitada, convertíndose nun dos autores contemporáneos máis coñecidos de fala inglesa  sendo a súa obra traducida a case todas as linguas.

https://www.biografiasyvidas.com/biografia/w/wilde.htm

https://www.muyhistoria.es/contemporanea/articulo/el-final-de-oscar-wilde-651480325157

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 23:00

De amoribus (VI) ELISA E MARCELA

OS AMORES  PROHIBIDOS

  Ao longo da historia sempre xurdiron amores prohibidos, aqueles que estiveron por enriba de convencionalismos sociais, leis, tabús ou relixións. A historia de amor de Marcela e Elisa falanos deses amores.

  Marcela e Elisa coñecéronse a mediados da década de 1880 na Escola Normal da Coruña cando estudaban maxisterio. Entre elas foise establecendo unha íntima amizade, que axiña se converteu en amor. Aínda que os país de Marcela fixeron o posible para afastar a súa filla de Elisa, os seus esforzoselisa marcela resultaron inútiles.

  En 1888 comezan a súa andaina como mestras en diversas escolas dos concellos de Coristanco, Vimianzo e Dumbría, procurando que os seus destinos estivesen o máis próximos posibles. Ante as sospeitas que puidera levantar a súa  convivencia comezaron a argallar unha historia que lles permitise vivir xuntas . Simulando unha disputa entre elas,  Elisa vai abandonar Dumbria anunciando que ten previsto embarcarse para a Habana. Namentras, Marcela fai saber aos veciños o seu propósito de casar cun curmán de Elisa que chegaría próximamente a Galicia, chamado Mario (o que explicaría o gran parecido que este tería con Elisa).

   Na Coruña, Elisa transfórmase en Mario: corta o pelo, viste roupas de home, fuma e cultiva un modesto bigote. Para legalizar a nova identidade, dirísexe á igrexa de san Xurxo  e confésalle  ao párroco que quería ser  bautizado,  alegando que o seu pai era protestante. Coa nova identidade xa legalizada, Mario(Elisa) arranxa os papeis para a voda,  que se celebra  o 8 de xuño de 1901. Volven , xa como marido e muller, para Dumbría onde se descubre o engano.

   Mario vese obrigado a fuxir e volve á Coruña,  sendo citado polo párroco de san Xurxo  na reitoral. Mario trata de defenderse alegando que é hermafrodita e que nese momento predomina nel o elemento masculino. Recoñecida por un médico a súa condición femenina o engano queda descuberto.

  Acurraladas polas autoridades teñen que abandonar Galicia,  refuxiándose en Porto onde viven unha tempada. Descubertas e detidas pola policía portuguesa as autoridades españolas piden que sexan entregadas  á  xustiza española, máis os portugueses  néganse sen unha petición formal de extradición. Foron encarceradas, xulgadas e absoltas, causando unha gran expetación o caso no país veciño (a prensa falaba do “matrimonio sen home”). As autoridades españolas presentan a solicitude de extradición, polo que tiveron que fuxir de novo, esta vez con destino a Buenos Aires.

  En Buenos Aires traballaron de criadas, como moitas outras compatriotas. Pero isto non lles permitía vivir xuntas sen levantar sospeitas; en 1904 Elisa decide casar cun dinamarqués  xa maior, posiblemente esperando que non durase moito e así adquirir os recursos económicos  que lle permitísen retormar  a convivencia con  Marcela. Descurberta a identidade da súa esposa, o marido denúnciaa. O xuiz, unha vez comprobado por tres médicos que Elisa é unha muller, decidiu sobreseer o caso. A partir de entón, cando as autoridades perden o interese por elas, pérdeselles a pista. Gustaríanos pensar  que ao final Marcela e Elisa puideron vivir o seu amor como sempre quixeron,  a pesar da estreita marxe que a sociedade do momento deixaba a estes amores prohibidos.

Fonte: Consello da Cultura Galega en “álbum de mulleres”. xenero@conselloda cultura.org
Autor:Narciso de Gabriel Fernández (2009).


Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 23:00

De amoribus (XII) Harvey Bernard Milk

EU SON MILK

Harvey  Bernard  Milk foi un político e activista estadounidense, que se converteu no primeiro home abertamente homosexual en ser elixido para un cargo público nos Estados Unidos, como membro da Xunta de Supervisores de San Francisco en 1977.

Milk naceu o 22 de maio de 1930 e creceu en Nova York, onde aceptou a súa homosexualidade sendo adolescente; con todo, mantivo a súa orientación sexual en segredo ata converterse en adulto. A súa experiencia na  contracultura da década de 1960 permitiulle abandonar moitos dos seus puntos de vista conservadores sobre a liberdade individual e a expresión da sexualidade.

Aínda que era moi inquieto —traballaba en diferentes profesións e cambiaba de casa con frecuencia—, enMILK 1972 decidiu trasladarse definitivamente a San Francisco. Asentouse no distrito de Castro, unha veciñanza que entón experimentaba un importante fluxo migratorio de homosexuais, e abriu a tenda Castro  Camera, que se convertería máis adiante na sede central das súas campañas e punto de reunión dos seus colaboradores.

Milk sentiuse chamado a presentarse como candidato a supervisor da cidade de San Francisco en 1973, aínda que atopou certa resistencia na orde política gai establecida ata entón. A súa campaña foi comparada co teatro: era descarado, directo, animado e extravagante, gañando a atención dos medios de comunicación e obtendo unha apreciable cantidade de votos, aínda que non os suficientes para ser elixido.

Fixo campaña de novo nas dúas eleccións seguintes, alcumándose a si mesmo como o «alcalde da rúa Castro». Os votantes foron suficientes para permitirlle presentarse tamén á Asemblea Estatal de  California.


Aproveitándose da súa crecente popularidade, dirixiu o movemento político gai en feroces batallas contra as iniciativas  antihomosexuais.

Milk foi elixido supervisor en 1977, despois de que San Francisco reorganizase o seu procedemento electoral para elixir representantes por barrios no canto de realizar unha única votación a nivel da cidade. Estivo once meses no posto de supervisor municipal e foi responsable da aprobación dunha estrita ordenanza sobre os dereitos dos gais en San Francisco.

O 27 de novembro de 1978,  Milk e o alcalde George  Moscone foron asasinados por Dan White, outro supervisor da cidade que dimitira recentemente e quería recuperar o seu cargo. Tanto a elección de  Milk como os sucesos que seguiron ao seu asasinato puxeron de manifesto a liberalización das actitudes cidadás en San Francisco e os conflitos políticos existentes entre o goberno da cidade e unha forza policial conservadora.

Milk converteuse nunha icona e en «un mártir polos dereitos dos gais», de acordo ao profesor Peter Novak da Universidade de San Francisco. Mentres que as clases políticas dirixentes da cidade insistían en que os gais debían colaborar cos políticos liberais e conterse na loita polos seus obxectivos, el animábaos abertamente a empregar o seu crecente poder na cidade e a apoiarse entre si.

En 2002 consideróuselle «o funcionario abertamente  LGBT máis famoso e influente xamais electo nos Estados Unidos». O escritor John  Cloud sinalou así a súa influencia: «Tras desafiar a clase gobernante de San Francisco en 1977 para converterse nun membro do panel de supervisores, moitas persoas —heterosexuais e homosexuais— tiveron que axustarse a unha nova realidade que el encarnaba: que os gais podían levar unha vida honesta e de éxito»

https://culturizando.com/personajes-harvey-milk-lider-de/

 

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 23:00

De amoribus (VII) MARUJA MALLO

MARUJA MALLO

GÓMEZ GONZÁLEZ-MALLO, ANA MARÍA (1902 - 1995)
Toda a historia dos «ismos» cabe na vida e na pintura desta galega inxenua e xenial inclasificable, que foi amiga e admirada de Ortega e Gasset, Ramón Gómez da Serna, Picasso e André Breton. Reside en Madrid desde moi nova. Alí realiza estudos na Escola de San Fernando, sendo a única muller que pasou as probas esixidas ese ano. A súa amizade con Salvador Dalí levouna a coñecer a Federico García Lorca e propicioulle o bautizo simbólico co que entrou en “A Confraría da Perdiz”, nome humorístico do grupo integrado por Luís Buñuel.

marujamalloEn 1928, José Ortega e Gasset abriulle as portas dos salóns da Revista de Occidente para que expuxera, sendo a primeira vez que o facía unha muller. Neste tempo viviu unha relación sentimental con Rafael Alberti na que ambos se retroalimentaban artisticamente. A serie (surrealista) Cloacas e campanarios, de Mallo, e o poemario Sobre los ángeles, de Alberti, dan conta diso. Esta relación iniciouse en 1925 e foi cortada en 1931.

Na madrileña "casa das flores", onde Neruda vivía, foi onde Miguel Hernández e ela se coñeceron e iniciaron a súa relación. O sentimento de M. Hernández cara a Mallo parece estar presente en poemas de El rayo que no cesa.

Cando estalou a guerra a pintora estaba en Galicia cumprindo co seu compromiso socio-político de apoio ás misións. Arrepiada e medorenta polo que vía pasou a Portugal. Gabriela Mistral, embaixadora de Chile en Lisboa, tendeulle a man, facilitándolle posteriormente o voo ao continente americano. En Buenos Aires, onde foi acollida como a gran creadora que era, viviu –desprazándose desde alí a distintos puntos do continente americano– desde 1937 ata 1961, ano en que por primeira vez, tralo exilio, pisou terra española.


https://www.afundacion.org/es/coleccion/autor/gomez_gonzalez-mallo_ana_maria
https://www.studocu.com/es/document/universidad-carlos-iii-de-madrid/historia-de-espana/ejercicios-obligatorios/entrevista-maruja-mallo-definitiva-con-fuentes-bien/3287366/view
http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-maruja-mallo/966721/

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 23:00

De amoribus (I) O MURO DOS QUÉROTE

 
A ROMÁNTICA HISTORIA DO MURO DOS QUÉROTE
 

Trátase da máis bela colección de palabras de amor, conxugadas en todas as linguas.
 
Aos pés do outeiro de  Montmartre, nun dos xardíns máis románticos da cidade de París, atópase o Muro dos Quérote. Un monumento insólito ao amor que se esconde nun parque construído sobre o antigo Concello da  Comuna de  Montmartre. muro
 
A romántica historia do Muro dos Quérote comeza en 1992 e foi inaugurado en 2000. O seu autor  Frederic  Baron, poeta e compositor, soñaba cunha viaxe ao redor do mundo e decidiu realizar a máis bela colección de palabras de amor. Dedicouse a recoller as palabras “quérote” escritas polo seu irmán e despois por persoas doutras nacionalidades: un veciño árabe, un amigo portugués, un ruso que atopou por casualidade...… logo continuou polas embaixadas. Logrou reunir 3 grandes cartafoles con máis de 1500 “quérote” en 300 idiomas diferentes: grego, danés,  pastún, francés, inglés, chinés,  esperanto...… case todos.
 
Contactou con  Claire  Kito, unha artista do Extremo Oriente que practica a caligrafía, para que  ensamblara as diferentes frases. Daniel  Boulogne,  muralista, namorouse do proxecto e decidiu construílo. Máis de 600 baldosas de lava esmaltada que lembran as follas nas que  Baron amasou a súa colección.
 
E, como non podía ser doutra maneira, os artistas da rúa decidiron coroar o monumento cunha imaxe de Rita  Hayworth, suxeitando unha luva na súa man, nunha versión de  Gilda en azul eléctrico que nos di “"Amar é desorde, entón amemos"
 
Aquí e alá, pedazos dun corazón roto, salpican as palabras. Son os fragmentos do corazón da humanidade que se desgarra e que o muro quixo reunir.
 
https://www.paris-infinito.com/la-romantica-historia-del-muro-de-los-te-quiero/
 
 
 

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 21:00
Distribuir contido


by Dr. Radut