Skip to Content

Música

Contos e música no Nadal na E.I. GALIÑA AZUL

Música e contos para compartir o Nadal cos máis pequenos. Hoxe levámoslle un pouco de música e contos aos nosos veciños da Escola Infantil. Comezou esta pequena convivencia un coro de alumnos de música que puxo voz a "Let it Swow". Logo os de 1º ESO narraron o conto "O boneco de neve feliz" e dramatizaron "O abeto e o apalpador" (con acompañamento musical de 1º BAC). Chegou despois o momento das panxoliñas que ofreceron alumnos de música de 2º ESO e foi a coda a interpretación "a capella" (4 voces) de "Hit the Road Jack". Non faltou un agasallo improvisado: o "Happy Birthday" coreado por todos para un neno que estaba de aniversario. Rematamos deixando que os máis pequenos tocasen algúns instrumentos pois hai que facer canteira e, de feito, algúns danlle con xeito ao teclado ou a dirección de orquestra...

 

 

MÚSICA E CONTOS NO NADAL na Galiña Azul

Un ano máis o noso alumnado visitará a Escola Infantil Galiña Azul co gallo do Nadal. Os nosos músicxs, actores e actrices e contacontos xa están preparando as súas pezas para compartir cos peques de Tui.

MÚSICA E CONTOS PARA OS MÁIS CATIVOS DE TUI

O martes alumnado de música de distintos niveis máis outro pequeno grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO visitaron a Escola Infantil para compartir música e os contos co público máis agradecido: os peques de Tui.

TEU SON VAIME

Amosámosvos o traballo no que participou este ano parte do alumnado do IES San Paio en colaboración con outros centros.  Trátase de, a través da música, deixar constancia de todas as variedades do idioma ao longo da nosa xeografía. 
 
A idea parte do CPI de Dodro e participan centros de A Rúa, Melide, Chaves (Portugal) e O Bierzo.  O tema escollido é Stand by me (Ben E. King), do que se fai una versión con texto orixinal, e o video está baseado no video Stand by me de Playing for change.  Song Around the World.
 
Nós, desde os departamentos de Música e Lingua e Literatura Galega, aportamos o noso grao de area coa participación das alumnas da ESO:  Clara González, Alba Martínez (voz solista), Maruxa Álvarez(gaita), Eva Roldán, Elsa Roldán, Raquel Sías, Claudia Valenzuela e Helena Pardo(coros).
 
 
 

Distribuir contido


by Dr. Radut