TEU SON VAIME
Amosámosvos o traballo no que participou este ano parte do alumnado do IES San Paio en colaboración con outros centros. Trátase de, a través da música, deixar constancia de todas as variedades do idioma ao longo da nosa xeografía.
A idea parte do CPI de Dodro e participan centros de A Rúa, Melide, Chaves (Portugal) e O Bierzo. O tema escollido é Stand by me (Ben E. King), do que se fai una versión con texto orixinal, e o video está baseado no video Stand by me de Playing for change. Song Around the World.
Nós, desde os departamentos de Música e Lingua e Literatura Galega, aportamos o noso grao de area coa participación das alumnas da ESO: Clara González, Alba Martínez (voz solista), Maruxa Álvarez(gaita), Eva Roldán, Elsa Roldán, Raquel Sías, Claudia Valenzuela e Helena Pardo(coros).