Skip to Content

carteis

Publicidade a prol da lectura (II)

Máis publicidade

Data: 
Mér, 18/10/2023 - 15:27

Publicidade a prol da lectura (I)

Algúns carteis da nosa campaña de captación de novos membros para as distintas seccións do Club de Lectura

Data: 
Mér, 18/10/2023 - 15:15

XIII Tui Le: carteis

Belén Padrón: a nosa protagonista para o XIII Tui Le

    A nosa participación nesta XIII edición do Tui Le producirase na segunda quenda, a partir das 12 horas. Compartiremos quenda cos CEIPs nº 2, Randufe e Guillarei, co colexio Santa María-Maristas e co Seminario Menor San Paio.
    O noso cartel para este Tui Le ten como protagonista a BELÉN PADRÓN GARCÍA (Oviedo, 1976) que, en pasados cursos, formou parte do claustro do noso instituto. Licenciada en Belas Artes,  Premio Extraordinario Fin de Carreira, participou en numerosas exposicións individuais  e colectivas, deseñou carteis para concursos de relatos e poesía ou para o IV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (Pontevedra, 2003)  e ilustrou libros como Tempo transfigurado de Cesáreo Sánchez Iglesias, A historia invisible do bico Simón, Xil Moniz, A vendedora de mistosRosalía de Castro.  Escolma Poética ou poemas de Miguel Hernández, autor do que acabamos de celebrar o seu oitenta cabodano.
    O estilo  de Belén Padrón está cheo de forza que se reflicte no modo de tratar a cor e de organizar as súas composicións. Estas teñen como protagonista principal a vexetación: follas, talos, flores e pétalos dispostos en diferentes planos cun exuberante  cromatismo que achegan unha gran luminosidade aos seus lenzos e ilustracións.
    De Belén queremos destacar a proximidade e amabilidade que a definen tanto nas aulas co alumnado como cos compañeiros e compañeiras. Gustounos escoitar do alumnado que realizou o cartel que recordan con cariño o seu bonito sorriso que sempre a acompaña.
    E Belén, ademais da súa calidade humana e docente, representa a riqueza creativa e profesional que temos nos nosos centros. Profesoras e profesores que ademais de dar clase adican o seu tempo libre a outras tarefas artísticas, literarias, investigadoras… cun grande éxito.

@s autor@s do X Tui Le

30 portadas para o 8 de marzo

Distribuir contido


by Dr. Radut