Skip to Content

poesía

Un libro e un poema para o 25 N

Un libro:

SIERRA I FABRA, Jordi, Desnuda, S.M., 2014, 152 pp.

Sierra i  Fabra  decidiu escribir Desnuda  tras ler no xornal o asasinato dunha moza de catorce anos a mans da súa parella de dezaoito.
Nesta novela máis que a forma o fundamental é o contido: amor e medo nunca forman unha boa parella. Esta é a historia de Marga e Ramiro, unha historia de maltrato na adolescencia. Ramiro quere controlar todo o referido a súa moza: onde está en todo tempo, con quen fala; e xustifica esta actitude como unha proba de amor.  Marga acaba descubrindo o que está a sufrir.

Unha lectura dura moi acaída para este día no que lembramos a todas as vítimas cuxa vida real agocha todo tipo de ultraxes que, con demasiada frecuencia, rematan na propia eliminación física.

 

Un poema:

O home conquistou nacións enteiras:

Ítacas

que as mulleres urdimos

ao articular

os nosos corpos,

agora monicreques.

O home virou,

á forza,

o sentido da arañeira.

A nós, xinetes da patria tear,

axeonlláronnos,

anoáronnos mans e pés

e preñáronnos

cos ovos

da traizón troiana.

Xamais os criaremos.

O home conquistou nacións enteiras;

pero os seus exércitos non puideron conquistar un gran de amor.

Un gran-de amor.

FERNÁNDEZ RIAL, Rosalía, Árbores no deserto, Galaxia (Dombate), Vigo, 2020, páx. 59

Sácate a máscara, sácallela!

Se queres ler poesía sen fronteiras contra a violencia machista, preme sobre a imaxe:

Poesía de morte

As xeografías líricas dunha Nobel

O pasado día 8, primeiro xoves de outubro, a Academia Sueca anunciaba a concesión do Nobel de Literatura deste ano á estadounidense Louise Glück.
Por decimosexta vez este galardón, con máis dun século de traxectoria, recae nunha muller.
A celebración do Día das Escritoras pode ser un bo momento para percorrer as súas xeografías líricas.
Velaquí unha escolma urxente para coñecermos algúns enclaves do seu particular mapa poético.
(Preme na imaxe)
xeografías poéticas

Lecturas en feminino

O pasado domingo, 8 de marzo, a partir das 12 da mañá mozas do noso club de lectura "Pedra do Acordo" foron as encargadas de poñer voz a poemas da guatemalteca Guisela López, da senegalesa Comba, da barcelonesa Elena Barrio, da venezolana Oriette D´Angelo, da polaca Anna Swirszczynska, da sevillana Rosa Berbel, da bonaerense Cecilia Alfonso Esteves ou do outeirano Manuel María (poema á muller galega) e do ferrolán Carvalho Calero (Muller). Participaban así na concentración promovida polo Concello de Tui, dentro da súa programación "Somos e seremos inmarcesibles" para celebrar a efeméride do 8 M. Neste acto da parte musical ocupouse Xoana que presentou o seu traballo “Dardos”

   
  

Grazas a Ainoa, Alba, Fátima, Gabriela, Sara ou Sofía por prestarnos as súas voces para reivindicar de xeito poético a visibilización das mulleres.

Le tí tamén os textos recitados no acto:

Lectura e Poesía en feminino

Lecturas poéticas para o 30 de xaneiro

  Abre a publicación premendo na portada

 

Decembro 2019

Os libros son
unha das vigas máis esenciais das casas.

Pénsao.
Sen literatura que nos sosteña,
que fica?

Poderíase dicir
que son rescatadora de versos,
antes ca poeta:

os poetas sempre son nenos ou anciáns.
O resto,
afeccionamos.

Eu constrúo ausencias.

 Clara Vidal (A Coruña, 1992) in Arquitectura da ausencia
http://palavracomum.com/7-poemas-de-clara-vidal/

Poesía para O 25 N

Xuño 2019

¿Cuándo llegará el verano?alberti

¿Cuándo veré desde tierra,

amor, tu tienda de baños?

 

Vestida, en tu bañador

azul, hundirás el agua,

y saldrás desnuda, amor;

que el mar sabe lo que hace

para que te quiera yo.

 

¡Oh, tu cuerpo, henchido al viento,

desafiando la mar,

desafiando la playa,

la playa, la mar y el cielo! 

in Marinero en tierra de Rafael Alberti (1902-1999)

O poeta pintado por Herminio Molero

 

Preme aquí para escoitar o poema na voz de Nuria Espert.

Distribuir contido


by Dr. Radut