Skip to Content

Os problemas de Galicia na poesía rosaliana

Tamén os graves problemas de Galicia aparecen nas súas páxinas. Problemas graves como a emigración. A emigración moitos vena como unha solución para Galicia, cando en realidade é a maior traxedia dun pobo, que perde a máis valiosa das súa riquezas, a súa xente.


        V
Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sen homes quedas
que te poidan traballar.  
Tes en cambio orfos e orfas
e campos de soidade,
e nais que non tén fillos
e fillos que non tén pais.
E tes corazóns que sofren
Longas ausencias mortás
viúvas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

 

(fragmento de "Pra a Habana", Follas Novas)

 
Agora oímos o poema “Adios ríos, adios fontes” que é unha emotiva despedida do que ten que emigrar.



book | by Dr. Radut