Skip to Content

As orixes

A orixe de Rosalía, criada coa familia dun pai que non a recoñeceu legalmente e lonxe nos primeiros anos da nai, reflíctese na súa obra. O seguinte poema describe o pazo de Arretén, onde se criou coas irmás do seu pai e que agora debe contemplar ao lonxe, sen nin sequera atreverse a citar polo seu nome.

 
O PAZO D´A...

 

Era ó caer da tarde,Pazo d´A...

encomenzaba o cántico dos grilos,

xorda a presa ruxía,

brillaban lonxe os lumes fuxitivos.

Ó pé do monte, maxestuoso, erguíase

na aldea escura o caserón querido,

ca oliva centenaria

de cortinas ó ventanal servindo.

Deserta a escalinata,

soio o paterno niño,

e enriba del caendo misteriosas

coas sombras do crepúsculo, as do olvido.

 

¿Quen ó pasado volve

os ollos compasivos?

¿Quen se lembra dos mortos,

se inda non poden recordarse os vivos?


book | by Dr. Radut