Festexa a túa libraría!
O venres 13 de novembro celebramos unha nova edición do Día das Librarías.
Libraría comeza có L de Liberdade porque como di o poeta Joan Margarit: A liberdade é unha libraría.
As librarías son un espazo de liberdade, unha xanela de acceso ao coñecemento.
As librarías son lugares onde a literatura faise material e visible, son espazos dedicados á beleza.
As librarías seducen, mostran e achegan o libro a todos.
As librarías son espazos cada vez máis polivalentes, en constante evolución: tenda, cafetería, centro cultural…
As librarías son sitios propicios para a pluralidade, onde teñen cabida todas as ideoloxías e sensibilidades, son unha escola de valores.
Poderiamos medir a saúde das nosas cidades vendo como coidamos as súas librarías.
E para que teñamos librarías, non pode faltar a figura do libreiro: eles son os insubstituíbles embaixadores dos libros. Deles dixo María Victoria Moreno: